O CF MUXÍA FIXO UNHA OFRENDA FLORAL A VIRXE DA BARCA E FOI RECIBIDO EN RECEPCIÓN NA CASA DO CONCELLO DE MUXÍA, (Inclue escolma de fotos)..

O CF Muxía tivo unha mañán axetreada esta do 14 de Xuño do 2025, tal e como vos adiantábamos tiñan visita ao Santuario da Barca para facer unha ofrenda floral e despois a Casa do Concello para ser recibidos polo señor Alcalde e a vicealcaldesa, e así foi.

Unha gran representación de xogadoras do equipo feminino, xogadores do masculino, diretivos e adestradores visitaban o Santuario da Barca en torno ás 10:00 horas onde xa esperaba o párroco Don Daniel Turnes e con él Don Ernesto, ambos ca bufanda do clube muxián enfrascada.

 

A comitiva do clube muxián foi invitada a subir ao camerín da Nosa Señora da Barca onde fixeron a ofrenda floral a pés da imaxe Santa, portada polos capitáns Barca Toba e Manu Nogueira. No apartado da oratoria tomaron a palabra o párroco Don Daniel e o presidente do equipo muxián Juan José Busto.

Don Daniel agradecía a visita dos deportistas muxiáns o tempo e a ofrenda floral a nosa Patrona e desexáballes no futuro, “moitos éxitos e voltar a reeditar como mínimo os desta tempada”, namentras que Juan José Busto manifestaba que, “tiña claro que gañásemos ou non algunha final estaríamos aquí”, e amosou o seu desexo de que, “para o ano tentarémolo de novo e haber se é cos copas”.

Tralo acto que se pechou cun “Ave María” impulsado por Don Daniel, tódolos presentes no mesmo posaron para piratasdemuxia.es e para a posteridade ante o altar da Nosa Señora da Barca.

 

Xa a mediodía a visita foi a Casa do Concello de Muxía onde esperaban o señor alcalde Javier Sar e a señora vicealcaldesa Sandra Vilela que agradeceron nas suas oratorias : “o traballo e sacrifio por chegar as duas finais da Copa da Costa por ambos equipos e a gran temporada co ascenso a 2ª Galega do feminino e a permanenza do equipo senior na Primeira Futgal”. Asimesmo manifestaron o seu desexo de que na vindeira tempada, “traballar co mesmo tesón e intentar traer as copas para Muxía que só as perdeu pola lotaría dos penaltis que unhas veces é favorable e outras non”.

Tras este acto o Concello invitou aos xogadores e xogadores e adestradores e diretivos a uns pinchos no local de hostalaría muxiana “O Prestige”, para pechar estes actos que pechan a tempada para os equipos do clube muxián.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies