O CF Muxía Feminino ficha a meta do CF Dumbría, Lissette e anuncia dous amigables para o senior masculino.

O CF Muxía anúncianos a fichaxe da meta do CF Dumbría, Lissette, xogadora experimentada no fútbol da costa no que xa sabe o que é disputar duas finais da Copa da Costa, unha con derrota ante o Xallas FC e outra ante o propio equipo muxián na que foi decisiva parando dous penaltis na tanda de penaltis tralo empate a uns, (1-1), no tempo de partido e prórroga, fai un par de anos.

Segundo nos comentan desde o clube muxián, Liss : “Chega con moitas gañas de afrontar esta nova etapa e defender a nosa portería. Estamos encantados de contar contigo, Liss…Benvida á familia do Muxía”.

O clube muxián tamén nos anunciaba días atrás das baixas por motivos laborais de Andrea “Piroja” e de Paula Vilela.

Empate co Deportivo Xuvenil

O CF Muxía senior disputou, como xa vos informamos, un amigable na Arliña ante o RC Deportivo Xuvenil na preparación hacia a nova tempada na Primeira Futgal G2. O encontro con máis de un cento de afeccionados na Arliña, estivo entretido. Tras unha primeira metade na que primeiro os deportivistas e despois os muxiáns, tiveron varias ocasións de marcar, decideuse na segunda metade na que se adiantaban os de Sergio “Pataca” por medio de Manuel Martínez e empataba pouco despois o equipo branquiazul.

Dous amigables antes do Manolo Martín

O clube muxián tamén nos comunica que mañán venres 14 de agosto xogará no Municipal de O Conco, (Dumbría), un amigable ante o CF Dumbría da Preferente Norte. Será a partires das 20:00 horas, dous días despois, o Domingo 16 recibe na Arliña ao Sporting Coruñés a partires das 18:30 horas. O seguinte Domingo, o do 23 será o turno do 43ª Trofeo Manolo Martín no que haberá un triangular antre o CF Muxía, Bergantiños FC e Pontevedra CF. Un choque que valerá para homenaxear “in memorian” a Manolito Martín, benefactor do clube durante toda a sua vida e do pobo de Muxía.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Muxía-Deportivo : Marina Busto