O CF Muxía feminino fai historia o alzarse co título da 2ª Galega G1.

As muxianas celebrando un dos goles.

CF Muxía 7-0 SD San Lázaro

Non deu lugar a dúbidas, as rapazas do equipo muxián deixaron o encontro sellado na primeira metade co Arliña volcado cas suas. Barca Toba cun dobrete pasado o cuarto de hora do choque fixo estalar o campo muxián e 2 de Eva Lema deixaban finiquitado o choque e o título. A volta de vestiarios Eva Lema facía dous máis e pechaba a histórica mañán do 31 de maio do 2026 a terceira compoñente do “Tridente máxico”, Patri Romaní con 7º tanto do choque.

A primeira celebración chegou tralo pitido final coa euforia da campionas coa afección para logo percorrer as ruas do pobo cun camión engalanado para a ocasión que é a segunda marcha vitoriosa que fai nunha semana, xa que o Domingo anterior paseou aos rapaces do equipo senior masculino ca Copa da Costa, un ano histórico para o clube da Vila da Barca. Tralo percorrido polo pobo as rapazas muxianas deron o xa tradicional baño na rampla da Praia das Lanchas, a carón do Malecón.

CF Muxía : Vero Lago, Patri Romaní, Raquel Bardullas, Barca Toba, Irene, Eva Lema, Andrea Domíngez, Lau Doce, Nerea Barrientos, María Rodríguez e Eva Lago.

Suplentes : Sheila Rey, Ana Toba, Nerea Pazos, Paula Rey e Andrea Insua.

Adestradora : Noe Iglesias

Delegada : Patricia Mejuto

Utilleiro : Antonio Amigo

Goles : 1-0, Barca Toba, (3´); 2-0, Barca Toba, (18´); 3-0, Eva Lema, (22´); 4-0, Eva Lema, (40´); 5-0, Eva Lema, (46´); 6-0, Eva Lema, (79´); 7-0, Patri Romaní, (83´).

Un equipo de ensoño

As corviñas sumaron 30 vitorias en 32 encontros, con 1 empate e unha derrota, a sufrida na casa do SD Tordoia equipo co que disputaron toda a liga o título. As rapazas de Noe Iglesias acadaron a mareante cifra de 159 goles a favor e tan só 37 en contro.

Eva Lema no centro abordo do camión do título.

Eva Lema as portas do Pichichi

A merexana Eva Lema acadou 4 goles ante o SD San Lázaro e sumou 57 na tempada. estaba empatada a goles coa xogadora do Tordoia, Rebeca Puente, que acadou 5 ante o Eirís SD, o que lle deu o Pichichi da categoría. No podio de máximas artilleiras acabou Barca Toba con 43.

.

“A nosa máis cordial noraboa a tódalas/os que forman o CF Muxía feminino, xogadoras, adestradora, axudantes do corpo técnico e do clube, así como a diretiva e a tódolos/as afeccionados das corviñas”.

As fotos en papel fotográfico

Todas estas fotos e moitas máis realizadas polo fotógrafo muxián Xesús Búa,  podedes facelas en papel fotográfico no estudio de fotografía “Lolas” de Muxía. Tamén están dispoñibles as da final da Copa da Costa.

.

-Fotos : Xesús Búa/Foto Lolas

Texto : Xosé Búa “Pirata”