O CF Muxía disputou as finais da Copa da Costa en mulleres e en homes, ambas ante o CF Dumbría e perdeu as duas na lotaría dos penaltis, unha sorte que pode caer de calquer banda e desta volta caeu do lado dumbriés. O sentir do pobo foi que se merecían traer a lo menos unha das duas copas, o mesmo que pensarían en Dumbría se perdesen as duas da mesma maneira, pero o presidente do clube muxián tiña clara unha cousa, 2gañásemos ou perdésemos o Santuario tíñamos que ir e iremos. Se gañásemos iríamos ca copa e o perder iremos sen ela pero ca mesma ilusión”.
Este acto terá lugar a partires das 10:30 horas na presenza e Don Ernesto, que estivo presente nas finais do pasado Domingo. Tras esto xa a medio día o CF Muxía e os seus integrantes serán recibiudos no salón de actos da Casa do Concello de Muxía polos gobernantes municipais que recibirán aos deportistas e que tamén estiveron presentes nos actos das finais co alcalde Javier Sar e a vicealcaldesa Sandra Vilela e o delegado do equipo Felipe Vilela que tamén está no consistorio.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”