O vindeiro 1 de agosto xogarase a 38ª Copa Deputación da Coruna na que se enfrontan como cada anos os campións da Copa da Costa, Copa de Ferrol, Copa do Sar e Copa da Coruña, a sede será Miño.
O Muxía CF busca seguir facendo historia
A data na que se xoga este torneo fai que moitos dos xogadores tanto do Muxía coma dos outros equipos non poidan xogar por cuestións de traballo ou por estar fora de vacacións pero de todos modos o equipo da Vila da Barca ten unha nova cita coa historia. Tras proclamarse campión da Copa da Costa por primeira vez na súa historia o derrotar na final celebrada no “Irmandiños de Vimianzo”, ao SCD Malpica, (2-0), o equipo muxián xa coñece o camiño para intentar asaltar o trono provincial. Os de Sergio “Pataca” viaxarán o vindeiro 1 de agosto ata Miño para disputar a fase final do torneo do ente provincial.
O sorteo da XXXIV Copa Deputación da Coruña masculina emparellou aos da Vila da Barca co SD O Val campión da Copa de Ferrol nunha das semifinais. O escenario dos encontros será o Municipal de Gallamonde.
Horarios do torneo
10:30 horas: San Tirso SD-SD Negreira
12:30 horas: CF Muxía-SD O Val de Narón
19:00 horas: Gran Final
Premios económicos e o soño da Supercopa
Máis alá do prestixio deportivo que representaría gañar a copa a Deputación da Coruña fixou importantes incentivos económicos para os participantes, cunha partida total de 24.000 euros a repartir entre os cadros masculino e feminino.
1.500 € só por competir nas semifinais.
4.000 € para os dous equipos que cheguen á final.
5.000 € para o campión absoluto.
Ademais, o equipo que resulte gañador en Miño acadará o pase directo para disputar a Supercopa Galicia. Esta outra cita xogaranse os días 9 e 16 de agosto (semifinais a dobre partido) e os días 23 e 30 de agosto (final a dobre partido).
O Xallas Feminino enfrontarase o Calo
O Xallas FC feminino, flamante campión da Copa da Costa, enfróntase ao Fútbol Calo S.R. na semifinal da VII Copa Deputación da Coruña, que se celebrará o 6 de setembro na Gándara, Pontedeume. O torneo, con idénticos premios económicos que o masculino, reunirá aos catro equipos clasificados nunha xornada final onde as xalleiras buscarán o título provincial.
Sede, enfrontamentos e datas
A fase final feminina disputarase no Campo da Gándara, en Pontedeume e será os días 5 ou 6 de setembro. As xalleiras enfrontaranse ao SR Calo e na outra semifinal buscarán un sitio na final o Atlético San Pedro e o SD O Val.
–
-Foto : Xesús Búa/Foto Estudio “Lolas”
-Foto Xallas : Eloy García
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–

