Os homenaxeados saltando o campo ca Copa.
Nas previas que realizamos da “LX Copa da Costa” trouxémovos unhas entrevistas aos 5 que quedan con vida da final frustrada que tivo o CF Muxía, (daquela CF Mugía), na que, Juan do Pión, “Cho”, Juan Carlos Luaces, Manolito Martín, que eran xogadores na quela final que se decideu en 3 encontros, e Nucho de Mariana, foi xogador nos incios do clube i é o único supervivente dos fundadores do equipo muxián no 1964, e que facía antre outras cousas as veces de tesoureiro e secretario. Nesta entrevista contaban como foron “atracados” chegando no segundo encontro a anularlle ata 3 goles e dándolle longo o encontro ata que empatou o rival e forzou o terceiro encontro.
O CF Muxía no nome do seu presidente Juan José Busto ,como cabeza visible, invitou a estes 5 muxiáns a presenciar o choque da final antre o CF Muxía e o CF Dumbría no “San Paio de Refoxos”, e en colaboración coa RFGF fíxoselle un acto nos prolegómenos do encontro para sair portando e acompañando a preciada copa ata o centro do campo. Tamén colaborou o Concello de Muxía que estivo representado polo alcalde Javier Sar e a vicealcaldesa Sandra Vilela.
No descanso permiteuselles sacar unha foto con tódolos xogadores do CF Muxía.
Curiosamente o gol do empate do equipo muxián para o empate ante os dumbrieses era acadado por Iago Muiño, neto de José “Cho” e sobriño de Juan do Pión.
A nosa noraboa tanto o CF Muxía como a RFGF e o CF Dumbría por levar a cabo esta merecida homenaxe e permitir que se levase a cabo. Unha homenaxe na que os 5 “superviventes” daquela Copa da Costa do 1966 recibiron o aplauso unánime dos máis de 2.000 siareiros que estaban no campo ceense.
O 5 muxiáns puideron portar unha copa da que lles privaron de maneira fraudulenta no 1966.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”



