
O CF Muxía foi o elixido para dar este ano o pregón da Romería da Barca, mañán venres 12 de setembro de 2025 a partires das 20:30 horas no Malecón.
O equipo muxián foi este ano un exemplo de traballo, unión e familia, con equipos en tódalas categorías e acadando a permanencia na Primeira Futgal e ser finalista da Copa da Costa no equipo senior masculino e acadando o ascenso a 2ª Difisión Galega e tamén a final da Copa da Costa no equipo feminino.
Tras estes fitos os dous equipos, encabezados polo seu presidente Juan José Busto, fixeron unha ofrenda floral a Nosa Señora da Barca, agora desta volta tócalles dar o pistoletazo de saida a unha das máis grandes romarías de Galicia, a sua. Unha Romaría declarada de interese Nacional desde 1989 e que está na senda de convertirse en Romaría de Interese Turístico Internacional.
-Romaría da Nosa Señora da Barca 2025-
Venres, 12 de setembro
-
Peche da novena con misas ás 09:00 e ás 19:00.
-
Ás 12:00, as tradicionais 21 bombas de palenque.
-
Sesión vermú a cargo de CDC.
-
Pregón oficial co CF Muxía ás 20:30.
-
Gran verbena con Kubo e CDC.
Sábado, 13 de setembro
-
Celebracións relixiosas no santuario ás 11:00, 13:00 (cantada), 18:00 e 19:00.
-
Ás 09:00 lanzamento das 21 bombas
-
Sesión vermú con Alianza.
-
Verbena da noite coas actuacións de París de Noia e Alianza.
-
Ás 00:30, espectáculo de fogos artificiais.
Domingo, 14 de setembro
-
Lanzamento das 21 bombas ás 09:00.
-
Misas ás 11:00, 13:00 (misa no exterior do Santuario, procesión ata o porto, bendición e lanzamento da traca máis longa e potente de Galicia). Misas tamén ás 18:00 e 19:00.
-
Macrosesión vermú con Acordes e Galaxia.
-
Pola noite, verbena con Los Satélites, Acordes e Galaxia.
-
Ás 14:30, será a hora aproximada da maior traca de bombas de Galicia na honra da Nosa Señora da Barca.
Luns, 15 de setembro, (Día dos muxiáns)
Lanzamento da 21 bombas ás 09:00.
-
Misa ás 10:00 horas.
-
Procesión dende a igrexa parroquial ata o santuario ás 12:30, seguida de misa solemne no Santuario.
-
Nova misa ás 19:00.
-
Sesión vermú ca orquestra M-3 Show.
- ás 19:30, co solpor, interpretación do “Alalá de Muxía” coa participación de Xabier Díaz, que fai un mes actuaba en Muxía cun concerto no Mercado das Rutas do Mar.
-
Concerto especial de Soraya ás 23:30.
-
Verbena coa orquestra M-3.
Durante toda a festa
-
Pasarrúas con charangas, bandas de música, grupos de gaitas e cabezudos.
Fin de semana seguinte á romaría
-
Misas no santuario ás 12:00, 17:00 e 19:00.
-
Tradición das 21 bombas de palenque
- Esto vense facendo desde 1957 cando a imaxe da Nosa Señora da Barca foi coroada canonicamente. Era a segunda en España en recibir esta honra. A primeira fora a Virxe do Pilar de Zaragoza. A coroa fíxose coa donación dos veciños e devotos en ouro e xoias para confeccionala. Ese día fronte ao Santuario estiveron os destructores da Armada Española, “Jorge Juan” e “Lazaga”, os cales tiraron 21 salvas de honor, saúdo militar aos máis altos dignatarios, cousa que lembra desde aquel día o lanzamento das 21 bombas de palenque na honra da Nosa Señora.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
