O CF MUXÍA B ADIANTA O SEU ENCONTRO DE DEBÚT NA 3ª DA COSTA A ESTE DOMINGO 8 DE SETEMBRO E O PRIMEIRO EQUIPO ADIANTARÁ O DERBI CO FISTERRA NA 1º FUTGAL DA 2ª XORNAD O VENRES DA BARCA E TROCANDO O SENTIDO DO ENFRONTAMENTO.

Os equipos muxiáns modifican os días dos seus encontros.

 

No día de onte publicábamos un artigo de como será a tempada 2024/25 da 3ª da Costa, que tiña estipulado como comezo para o Domingo 15 de Setembro, esto fai que coincida co Domingo da Barca. Desde que no 1980 se comezou a xogar no Campo da Ariliña deixouse de xogar encontro durante a Barca e sempre eran adiados, polo que todo apuntaba que tanto o encontro de debút do novo filial do CF Muxía, coma o do primeiro equipo que tiña o derbi ante o Fisterra no campo muxián, serían adiados, e así nolo comunicaron dende o equipo muxián.

O encontro da 1ª xornada da 3ª da Costa que enfrontará no A Arliña ao CF Muxía B e o SCD Buño pasará a xogarse o vindeiro Domingo 8 de Setembro a partires das 12:00 horas , e pola sua banda o derbi da 2ª xornada da Primeira Futgal que debía enfrontar ao CF Muxía e o SD Fisterra, pasará a xogarse o venres 13 de Setembro, en principio a partires das 20:00 horas e no Arasolis.

A magnitude de visitantes na Romaría da Barca, e os dispositivos montados polos corpos de seguridade non aconsellan que se leven acabo partidos na Arliña neses días da romaría, a máis grande das que se levan a cabo en Galicia e unha das poucas de Interese Turístico Nacional da nosa comunidade. Non só lle afecta aos encontros dos muxiáns, senón que moitos equipos senior ou de base adecuan os encontros da mellor maneira para que os xogadores poidan disfrutar do fútbol e da romaría.

 

1ª xornada Primeira Futgal

(Equipos da Costa)

SD Fisterra-Bastavales UD, ás 18:00 horas do 8 de Setembro

Vea CF-CF Muxía, pendente de horario

Vizoño SD-SD San Lorenzo, ás 18:30 horas do 8 de Setembro

CF Dumbría-SD Castriz, pendente de horario

SD Agolada-SCDR Esteirana, ás 18:30 horas do 8 de Setembro

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies