O CF Muxía reforza o ataque con Guille Lago e confirma as renovacións de Fran Moreira e Joel.
O CF Muxía continúa avanzando na confección do seu cadro de xogadores para a vindeira campaña na Primeira Futgal (Grupo 2). Despois de confirmar a continuidade do adestrador Sergio “Pataca”, o conxunto da Vila da Barca anunciou a súa primeira fichaxe do verán e dúas novas renovacións.
A principal novidade é a incorporación de Guille Lago, extremo procedente da SD Fisterra. Trátase dun futbolista novo, pero con experiencia na categoría, que vén de completar unha destacada tempada en Primeira Futgal. O atacante disputou 33 encontros e anotou 7 goles, destacando pola súa regularidade, compromiso e capacidade para achegar perigo ao xogo ofensivo do seu equipo.
Desde a entidade “corviña” deron a benvida ao xogador e amosaron a súa confianza en que “o seu traballo e calidade contribuirán ao logro dos obxectivos colectivos” durante a próxima campaña.
Ademais, o club confirmou tamén as renovacións do dianteiro Fran Moreira e do gardameta Joel, que continuarán defendendo as cores do Muxía un curso máis.
Coas últimas confirmacións, o CF Muxía suma xa un total de 12 renovacións no seu persoal, mentres que ata o momento só se fixeron oficiais as baixas de Álex Martínez e Fabián Santos.
A directiva que preside Juan José Busto tras unha tempada histórica ca consecución da Copa da Costa e un ano extraordinario na Primeira Futgal, sendo o mellor equipo dos costeiros flirteando coa promoción e acabando nunha honorable 6ª praza, continúa así perfilando un proxecto que buscará ser competitivo nunha categoría que se presenta, unha vez máis, moi esixente.
AVISO IMPORTANTE
“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os clubes, afeccionados, socios, etc nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos. Poden mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.
–
-Foto : Prensa CF Muxía
-Texto : Xosé Búa “Pirata”


