O CF MUXÍA ANUNCIA A FICHAXE DE, CARLOS COSTA, E O UC CEE A DO META, “BOUZI”.

Carlos Costa fai dous anos no RC Deportivo Xuvenil.

 

O CF Muxía que a vindeira tempada militará na 1ª Galicia G2 A Costa Santiago, ven de anunciarnos a fichaxe do dumbriés de Sarteguas, Carlos Costa Carabel “O Damián”, de 19 anos de idade. O rapáz criado na canteira do CF Dumbría dende a idade benxamín pasou na tempada 2021/22, xa en idade xuvenil ao RC Deportivo, no que militou no Xuvenil B, de aí a tempada seguinte recalou no Bergantiños FC Xuvenil, para agora pasar o equipo muxián neste ano de volta a 1ª Galicia.

A diretiva muxiana encabezada polo presidente Juan José Busto, comeza así a reforzar o equipo de cara a vindeira tempada, para a que tamén están a buscar adestrador, xa que Nando Waldomar e Fran “Pioto”, por incompatibilidade dos seus traballos ca esixencia da nova categoría en canto a desprazamentos.

 

O meta, Iván Bouzón ficha polo UC Cee

Iván Bouzón (Bouzi”, (Cee, 03/05/1995), volta a casa procedente do CF Noia co que xogou as duas derradeiras tempadas. Bouzi, que comezou no UC Cee, pasou polo Xallas F, (2 tempadas), CF Dumbría, (5 tempadas), SD Fisterra, (4) e CF Noia, (2). Ficha así o equipo ceense a un porteiro de garatía para a vindeira tempada na Liga da Costa.

 

AVISO

No apartado de fichaxes e baixas dos equipos só iremos poñendo os que nos cheguen por medio dos nosos contactos, (email, tlf e whatsapp). Para que non se pense que poñemos uns si e outros non, pois é imposible que nos enteremos de todos.

-Foto : CF Dumbría

Texto : Xosé Búa “Pirata”