O CF Muxía tralo éxito das derradeiras campañas, sendo a pasada histórica acadando a permanenza sobradamente na Primeira Futgal na que chegou a ser colider acabando na 6ª posición loitando pola promoción ata o final, ademáis o ano pasado perdeuse a Copa da Costa nos penaltis ante o CF Dumbría, e fai unhas semanas chegábase por terceira vez a final e desta volta acadaban a sua primeira Copa nos 62 anos de vida do clube. A terceira foi vencida e derrotaban na final celebrada en Vimianzo ao SCD Malpica por 2-0.
O clube que preside Juan José Busto primeiro renovoulle o adestrador Sergio “Pataca”, que sumará o seu segundo ano victorioso no clube do seu pobo tras facerse nas categorías de base do RC Deporitivo e no CF Dumbría desde o que recalou o dos Muños no clube muxián.
Agora son 10 os que seguirán no proxecto destacando a continuidade do “Gran Capitán”, Michael Vilela, o máis veterano do equipo e un dos dous mariñeiros do equipo, (xunto co xove Mauro Romaní), que como nos decía durante a tempada, “eu seguirei ata que me aguante o corpo”, bravo xogador ao estilo dos de antes cando a maioría das plantillas dos equipos do litoral estaban plagados de xente do mar aos que nin os madrugóns, as marexadas, os ventos…
Tamén renovaron : Isma Pose, Mateo, Bouzi, Antón Pose, Carlos Costa, Mauro Romaní, Julián Busto e Manu Nogueira e estes non serán os derradeiros en renovar xa que a idea é contar con todos para dar continuidade e estabilidade o equipo, salvo que algún por circuntancias arríe. Tamén haberá algunha nova incorporación.
AVISO IMPORTANTE
“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os clubes, afeccionados, socios, etc nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos. Poden mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.
.
-Fotos : Prensa CF Muxía
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”


