O CF MAZARICOS FEMININO ROMPE UNHA XEIRA DE 5 ENCONTROS SEN GAÑAR CUNHA VITORIA SOBRE O SD O PINO PARA FINALIZAR TERCEIRAS NA LIGA REGULAR DE FÚTBOL 7 ZONA DE SANTIAGO.

LIGA DE FÚTBOL 7 FEMININO

-GRUPO SANTIAGO-

Na primeira volta empataron a catro na Picota.

 

SD O Pino 0-3 CF Mazaricos

Tras 5 xornadas sen gañar, (3 empates e 2 derrotas), tocaba visita ao colista para recuperar sensacións e non houbo problema. As rapazas de Manuel de Borja vencía, nun choque no que María Senra se convertía na estrela ao facer os 3 goles mazariquenses. O primeiro aos 24 minutos de xogo, o segundo aos 30 e o terceiro aos 40.

Con esta vitoria as mazariquenses rematan a liga na sua 1ª fase con 26 puntos en 14 encontros xogados, a tan só 1 das segundas, Trazo CF e a 8 das campionas de grupo, EFB Terra de Montes.

2ª Fase da Liga de Fútbol 7/Grupo Santiago 

As mazariquense quedaron enclavadas no grupo 2, xunto co CF Vista Alegre, que será o seu rival no Municipal da Picota, o vindeiro sábado a partires das 17:00 horas, e no seu grupo tamén está o Trazo CF, e o AD Nicraniense, que tamén xogarán este vindeiro sábado antre si, no “O Xeixo” dende ás 16:30 horas.

Nunha liguiña que terá 6 xornadas, (dobre volta). comezan tódolos equipos con 0 puntos. Comezarán este vindeiro sábado 26 de Marzal, e rematarán o 7 de Maio.

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies