O CF Mazaricos celebrou na noite deste sábado a sua “Cea do Nadal”, xogadores e xogadoras, do equipo da 1ª Galicia G2, (que xogou na mañán do venres, CRÓNICA), Veteranos, Fútbol sala e fútbol feminino, diretiva e afeccionados/as compartiron mesa e mantel no Restaurante “O Verxel” da Picota, (Mazaricos), nunha noite con Discoteca Mobil para rematar a festa, na que se falou moito de fútbol e como non da exitosa “Semana da Gandeiría”, así como da “I Ruta das Tapas”, (VER FOTOS).
Preto de un cento de mazariquenses degustaron os manxares da terra e as bebidas espirituosas.
Tamén se celebrou de paso o cumpreanos do xogador
do primeiro equipo, Joseph.
-Fotos e Texto : Jorge Villar “Gorrión”
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.