O CF Mazaricos campión da 1ª Galicia G2 de Veteranos 2018/19

-O CF Mazaricos campión da 1ª Galicia G2 de Veteranos 2018/19-
-Subcampión CD Razo-
Rematou a 1ª Galicia G1 de Veteranos “Costa da Morte” e o CF Mazaricos ten a honra de ser o primeiro en acadar o título neste ano que pro primeira vez os veteranos costeiros xogan baixo a tutela da RFGF como federados. Os mazariquenses tiveron unha dura loita toda atempada pois ata o derradeiro treito foi unha liga moi igualada e ademáis loitaron ata o derradeiro encontro no que non pasaban do empate ante CV Leiloio, co que empataban na Picota, (Mazaricos), 2-2 e acadaban o punto necesario para levarse o título por golaveraxe co CD Razo, que derrotaba ao ACD San RamónVeteranos, (4-3). Abre a nova o completo para ver o especial da liga e do campión.
Dende www.piratasdemuxia.es a nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o CF Mazaricos de Veteranos!!!…E agradecer ao noso colaborador Jorge Villar “Gorrión” a sua axuda todo o ano para levar esta liga, así coma o resto de colaboradores con fotos de encontros de veteranos.
CF DE VETERANOS 2018/19
CLASIFICACIÓN
-PODIUM DE PICHICHIS-
1º : Pedro Gundín, (Asociación de Veteranos do SCD Malpica) : 36 goles, (2 de penalti) en 24 encontros
2º : Álvaro García, (Club Veteranos Leiloi), 22 goles en 15 encontro
3º : José Jesús González, (Corme CF), con 19 goles, (2 de penalti) en 18 encontros.
O título celebrado con bombas de palenque
polos mazariquenses.
Agora o vindeiro Domingo poderían celebrar outro título, o de campións da Liga da Costa o equipo senior que recibe ao Corme CF, (2º) e poderían quedar xa campións e ascendidos a 1ª Galicia G2.

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies