Oliver recibindo a copa de campións.
Tal e como vos apuntábamos onte, CF Lira, SCDR Esteirana e Outes CF disputaban un triangular para celebrar o “50º Aniversario da Copa da Ría de Muros”.
Un triangular no Municipal do Conchido do que saeu campión o CF Lira que tralo choque inicial no que o SCDR Esteirana derrotaba por 1-0 ao Outes CF, conseguían os “lirachos” empatar cos esteiráns a ceros, (0-0) e derrotaban por 0-3 ao Outes CF.
No campo outés reuníronse moitos afeccionados que nalgún tempo xogaron este trofeo, cun ambente moi bo e deportivo.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es