O CF LIRA CELEBRA O SEU 40º ANIVERSARIO MAÑÁN SÁBADO 20 DE XULLO

CF Lira 1971 campión dun torneo da Ría de Muros.

(Foto do libro Mar de Paixón : “O Fútbol na Costa da Morte”)

 

Todo un día de celebración para o CF Lira

O CF Lira que milita na Liga da Costa celebra dende primeiras horas de mañán sábado 20 de Xullo o seu 40º aniversario.

Os “lirachos” comezan coa apertura e presentación dunha exposición dos 40 anos do clube na Lonxa de Portocubelo, (Lira), con fotografías da historia do sentimento “roxiño”. Comezará ás 11:30 horas.

Media hora máis tarde, (en torno ás 12:00 horas), haberá unha homenaxe aos socios fundadores do clube e nomearase “Presidente Honorífico” a José Formoso “Piteiro”.

Xa pola tarde a partires das 18:30 horas no Municipal de Lombáns, (Carnota), haberá un entrañable encontro antre os compoñentes do CF Lira campión da Copa da Costa 1996 contrra unha Selección Histórica do CF Lira.

Pola tarde-noite a partires das 20:30 horas na lonxa vella de Portocubelo, (Lira), terá lugar unha cea para disfrutar todos xuntos dos xantares e das lembranzas dos derradeiros 40 anos do clube. A cea estará amenizada polos Gaiteros de San Mamede.

Trala cea, (en torno ás 23:30 horas), para seguir ca festa terán a actuación da “Banda Trotabares” da Coruña.

 

Xuvenís do CF Lira nun encontro en Vimianzo da 2013/14.

 

No cartel de abaixo podedes ver as canles que se poden seguir para participar ou consultar se ainda quedan prazas.

“A nosa felicitación para o CF Lira e tódolos que o forman e que sexan moitísimos anos máis”.

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es