O CF LIRA ANIMA A CHAVALADA A UNIRSE O PROXECTO DE FACER UN EQUIPO XUVENIL.

SD Soneira-CF Lira da 2013/14 xuvenil.

 

O CF Lira quer volver a ter equipo de xuvenís despois de moitos anos sen telo e para iso convoca a toda a chavalada en idade xuvenil, ou cadetes de derradeiro ano a sumarse o proxecto que retoma o clube “liracho” en colaboración co Concello de Carnota. O equipo de Lira xa ten posta a primeira pedra nomando como adestrador ao xove valor, e gran colaborador de piratasdemuxia.es, Gabriel Lago, que na pasada tempada facía tandem co seu pai José Manuel Sil no Volantes de Baño CF da 1ª Galicia G2, ao que tiveron o pracer de ascender por primeira vez na sua historia na competición. O seu carón estará como segundo e compañeiro, Angel Sestayo, máis coñecido como “Ánxo de Lariño”.

En breves días colgaremos un “Fotos do Recordo”, dun SD Soneira-CF Lira, da Liga da Costa Xuvenil 2013/14, cando o equipo “liracho” tiña equipo desta categoría.

 

Toda a información para apuntarse ou falar co clube na nota informativa :

 

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

-Nota informativa : CF Lira

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.