De esquerda a dereita : Fran, César e Ana.
O CF Dumbría presenta a sua Escola Feminina
Tal e como xa vos adiantamos días atrás, cando abreu o prazo de inscricións o CF Dumbría terá a sua Escola Feminina de Fútbol e Futsal, todo isto no marco do seu 25º aniversario. O presidente do clube César Ferrío deu a coñecer aos adestradores que se encargarán da parte técnica da escola, e non son outros ca o muradán Fran Figueroa García, “alma mater” do conxunto feminino do ED Os Miúdis na dsua creación e facéndoo chegar as suas cotas máis altas. Con él niste proxecto estará a contrastada xogadora e adestradora tanto de futsal como de fútbo, a vimiancesa, Ana Mouzo Mosquera, tamén unha das precursoras do Fisober FSF, dende a pista e dende os banquillos da base, así coma no fútbol campo.
A escola está apuntada ás mozas nadas entre os anos 2008 e 2013. Para máis información podedes chamar ó teléfono 666 511 612 ou no correo contacto@cfdumbria.es
-Foto : CF Dumbría
-Texto : piratasdemuxia