O CF CASTRELO BOTA A ANDAR MAÑÁN MÉRCORES CON MOITAS NOVIDADES

Luis Roget xa é un mito no fútbol costeiro.

 

O CF Castrelo,  fixo reforma total e reforzou o equipo en tódalas liñas para asaltar a 3ª da Costa 2019/20. O equipo vimiancés comeza mañán mércores 24 a pretempada ca idea de buscar o ascenso a Liga da Costa.

Esteban Caamaño, presidente e xogador, deulle o timón da nave castrexa a Sergio “Agranzón”, que o ano pasado dirixeu ao UD Corcubión e no anterior dirixía ao CD Baiñas na Liga da Costa.

As novas caras do CF Castrelo que terán a seu carón aos que seguen do ano pasado coma o incombustible Luis Roget, o xogador máis veteranos do fútbol senior federado da costa, ou a xoves coma Iván Chans, ou Maikol, así coma o porteiro David Carreira, Víctor e César que volven o equipo, Espi (ven do CF Porteño), Estebo, Gustavo, Dani Picallo, Estiven, Dani Canosa, Roi Caamaño, Adrián Pasantes, (CF Laxe), Samuel Rama, (UD Corcubión), e Esteban, (volve tras estar o ano pasado no UC Cee).

A competición na 3ª da Costa ten un comezo probable segundo a RFGF para o 8 de Setembro, pero debido ao número de equipos o máis normal é que comece xa con Outubro moi avanzado.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies