O “CERVECERÍA O PAZO” CAMPIÓN DA “COPA HOTEL RESTAURANTE PUNTA DEL ESTE” DE FUTSAL DE CARBALLO.

“TORNEOS FUTSAL DE CARBALLO”


O “Cervecería O Pazo” campión carballés.

Cervecería O Pazo campión da

“Copa Hotel Restaurante Punta del Este” de Carballo –

A falla dunha xornada para o final dos torneos de futsal en Carballo, xa temos o primeiro campión. O Cervecería O Pazo proclamouse campión da “Copa Hotel Restaurante Punta del Este” o vencer ao Bar Rosalía que puganaba con eles polo título. Aquí tes todo o que deu a derradeira xornada no “Carballo Calero” da man do noso colabroador Juan Ferreiro.

 
FINAL
 
“Copa Hotel Restaurante Punta del Este”
 
Entramos na recta final da tempada 2018/2019, a falta de disputar a última xornada de torneos, xa temos resolta a incógnita da Copa Hotel Restaurante Punta del Este.
 
Disputábase no Carballo Calero o martes 14 de maio ás 21:30 o primer partido desta final da Copa Hotel Restaurante Punta del Este, que enfrontaría ó Discoteca Al Lio – Asesoría Afico co Cervecería Bombonera. Sairon os de Discoteca Al Lío coa intención de dominar o encontro e poder poñer un par de goles de vantaxa no marcador que lles dera a tranquilidade no xogo. Así, Rancaño en dúas ocasións e Trincado cun golazo, deixarían un 3 a 0 no marcador ó descanso. Xa na segunda chegaría un cuarto gol antes de que os do Cervecería Bombonera reaccionaran e conseguiran anotar un tanto a través de Ignacio Pose que lles permitía seguir vivos no partido. Pero a falta de ideas e a presión do equipo rival acabou por impoñerse ó xogo da Bombonera, que vería como antes de rematar o encontro encaixarían o definitivo 5 a 1 no marcador.
 
Así pois o Cervecería Bombonera acaba na 4 posición e o 3º posto será para o Discoteca Al Lío – Asesoría Afico.
Bo ambiente na grada para ver o encontro entre o Bar Rosalía e o Cervecería O Pazo que repetía final, e que empeza a ser un habitual na final da Copa Hotel Restaurante Punta del Este.
 
Comezaron os de Pazos moi motivados e aínda que os do Rosalía fixeron por impedir o xogo agresivo do Cervecería O Pazo, non serían quen de impedir verse con dous goles en contra nos primeiros compases do encontro, primeiro Martín Bazar e máis tarde Martín Castro farían que o Bar Rosalía se vise con dous goles en contra. Tocaba remar para os de Ponteceso, pero non sería ata a segunda metade, en parte por culpa de Brais Álvarez, que o Bar Rosalía non conseguise materializar un dos seus ataques, Iván Mato recortaba distancias, 1 a 2 no marcador a favor dun Cervecería O Pazo que vía como se lle complicaba o encontro. E sería así de non ser por Brais de novo, tódalas ocasións do Rosalía acababan batendo con Brais ou co pau. Sería de novo artín Bazar quen poñería terra de por medio cun gol de falta nos últimos minutos do encontro.
 
Ó final, o Cervecería O Pazo, campión da Copa Hotel Restaurante Punta del Este ó vencer ó Bar Rosalía por 1-3.

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies