O CENTROCAMPISTA FRANCO-AUSTRALIANO, DENIS GENREAU TERCEIRO REFORZO DE INVERNO DO DEPOR.

Genreau coa seleción australiana.

 

Xa leva unhas horas na Coruña segundo varios medios de comunicación e ao igual que pasou onte con Zakaria Eddahchouri, e tras pasar de maneira favorable o recoñecemento foi anunciado polo RC Deportivo como novo xogador e mañán adestrará co equipo. Onte tal e como apuntábamos o dianteiro neerlandes Eddahchouri pasou polo mesmo trámite e hoxe xa adestrou cos seus novos compañeiros.

Genreau é a terceira incorporación do mercado de inverno tras Diego Gómez e Zaharía Eddahchouri. Falla por cubrir a praza de lateral esquerdo dado que Escudero foi operado do cóbado e pérdese o que resta de tempada. O mercado pecha o luns ás 00:00 horas, pero dado que está é unha lesión que lle impide voltar o clube poderá incorporar un xogador ainda despois finalizar o mercado.

Denis Genreau, (Paris, 21/05/1999), nacionalizado australiano e internacional co país dos canguros desde o 2021, chega como axente libre tras rescindir co Toulouse da Ligue 1 francesa, no que foi peza importante a pasada tempada para o ascenso pero nesta apenas xogou 8 encontros, o non entrar nos plans do adestrador español Carles Martínez.

O Tolouse pagou por él no 2012 medio millón de euros e segundo a web especializada en valor de xogadores, no 2023 chegou a estar valorado en 2 millóns de euros e tras deixar de ser peza importante no equipo baixou ata ós 800.000 euros que o valoran a día de hoxe. Consigueu a rescisión de contrato e chega ca carta de libertade o Depor.

Genreau, é un centrocampista ofensivo de 1´75 metros e 75 Kgs de peso, que debutou no fútbol no Melbourne FC xuvenil , para dar o salto o primeiro equipo australiano. Estivo cedido no PEC Zwolle neerlandes no 2019 e tras retornar a Australia o ano seguinte xogou en plena pandemia no Macarthur, equipo do que deu o salto o Tolouse B e de aí o primeiro equipo.

Na web australiana de fútbol  sosseroos.com.au falan dél como un xogador habilidoso na aportación ofensiva pero pouco deficiemte a hora de defender e cunha constitución física de pouca batería nos treitos finais se xoga todo o encontro, pola contra o ex do Atlhetic Club, Beñat, que xogou o seu carón no Macarthur, dixo que era  “un xogador que abarca moito campo, con recorrido e chegador”, segundo lles comentou aos de La Voz de Galicia.

 

-Foto : socceroos.com.au

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies