O CENTRAL PABLO MARTÍNEZ CHEGA O DEPOR DENDE A 1ª DIVISIÓN FRANCESA.

 

Dende a 1ª División Francesa chega o central, Pablo Martínez. Defensa veterán con experienza que asina por duas tempadas. Ocupa a baixa que deixa Héctor Hernández, do que unha vez máis non comprendemos que se lle rescinda, habendo sido o mellor xogador, xunto con Quiles da pasada campaña, e ademáis un xogador que sempre amosou a sua pasión e entrega polas nosas cores.

Pablo Martínez (Orange, Francia, 21 de febreiro de 1989) converteuse en novo xogador do RC Deportivo para as dúas vindeiras temporadas.

O defensa central zurdo, de ascendencia española, conta coa dobre nacionalidade. De feito, xa coñece o fútbol español polo seu paso polo RCD Mallorca B, equipo no que militou dúas temporadas –entre os 18 e os 20 anos– en Tercera División despois de formarse na canteira do Nîmes Olympique FC.

Pablo Martínez suma 126 aparicións (120 como titular) na primeira división francesa en seis campañas consecutivas, entre 2015 e 2021, nas filas do Gazélec FC Ajaccio (2015-16), Angers SCO (2016-17), RC Strasbourg (2017-19) e Nîmes Olympique FC (2019-21). A súa conta goleadora na máxima categoría do fútbol galo ascende a 5 tantos. Co conxunto de Estrasburgo, ademais, conquistou a Copa da Liga francesa da temporada 2018-2019.

Tralo seu paso pola capital balear e antes de aterrar na elite do balompé francés, Pablo Martínez militou no ES Uzès Pont du Gard (2009-10), FC Martigues (2010-11), de novo ES Uzès Pont du Gard (2011-13) e Gazélec FC Ajaccio (2013-15). Con este último club logrou dous ascensos consecutivos, de National –a terceira categoría francesa– a Ligue 2 (2013-14) e de Ligue 2 a Ligue 1 (2014-15).

A pasada campaña, co Nîmes Olympique FC na segunda división gala, o defensor hispano-francés disputou 30 encontros, 26 deles como titular.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies