O CENTRAL DO GRANADA, PEPE SÁNCHEZ NOVO XOGADOR DO RC DEPORTIVO.

 

Xa se falaba da posibilidade de que chegase o xove talento andaluz, Pepe Sánchez, que intercala encontros co primeiro e o segundo equipo, pero nas derradeiras horas por medio metíase o Córdoba Cf ca intención de complicar a fichaxe, ou de en realidade levalo as suas filas, pero o rapáz, como pasou con outros xogadores no verán, prefireu o RC Deportivo. Había que cubrir por ley unha praza de Sub23, ca cesión de Retuerta o Hércules, e ou había que traer un de fora, ou subir un do Fabril, co perxuizo para o rapáz, que podería non ter minutos, e para o Fabril, en serias opcións de ascender a 2ª RFEF, e polo tanto deixalo debilitado. Optouse pola fórmula de traer a un de fora da nosa canteira, a que creemos que é a máis acertada.

José Sánchez Martínez, máis coñecido como Pepe Sánchez (Linares, Xaén, 2 de marzo de 2000), é novo xogador do RC Deportivo até final de temporada.

Pepe Sánchez, que xoga no centro da defensa, chega cedido polo Granada CF até a conclusión da presente campaña.

Formado nas categorías inferiores do Real Jaén CF, en 2017 incorporouse ao Xuvenil A do club nazarí. Posteriormente pasou a formar parte do filial branquivermello, o Club Recreativo Granada. Desde entón ha ir alternando aparicións co primeiro e segundo equipo até o seu salto definitivo ao comezo do presente curso.

Co Granada CF, Pepe Sánchez acumula un total de 14 partidos: 3 en Primeira División, 3 en Segunda División, 6 en Copa do Rei e 2 en Europa League, fronte ao Omonia chipriota e ao PAOK grego na fase de grupos do torneo 2020-2021. Ademais, co Club Recreativo Granada disputou 18 encontros en Segunda División B e outros 17 en Segunda Federación.

-Foto : RC Deportivo

-Texto . piartasdemuxia/RC Deportivo