O CEE DERROTA O XALLAS E PASA A CUARTOS DA “COPA DA COSTA FEMININA”.

Tal e como xa vos informábamos na previa da “Copa da Costa Feminina”, onte tíñamos o primeiro dos encontros dos Oitavos de Final na Fontenla, onde se enfrontaban o Xallas e o Cee. Pois neste encontro temos xa a primeira das sorpresas a tenor das posicións dun e outro equipo na liga, ambos na 2ª Galega G1 na que o Xallas vai primeiro e xa acadou o ascenso a 1ª Galega.

Para hoxe temos outro encontro, o Fisterra-Corcubión, (19.30 horas), e o resto xogaranse o vindeiro Domingo, tedes toda a información no cadro.

Aquí vos deixamos as impresións sobre o encontro do Xallas-Cee da man do adestrador xalleiro Eloy García. Como xa saberedes os que seguides as nosas crónicas por parte do Cee non temos colaborador e temos abertas as portas a calquera do clube que queira colaborar sexa afeccionado, diretivo, xogadora, etc…

 

O Xallas deixa a Copa e xa pensa na liga.

Xallas FC 0-1 UC Cee

Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Terceiro derbi consecutivo o que xogábamos no Fontenla, e este era a vida ou morte. Saímos moi enchufadas e dominando o balón, pero algo planas, sen ser moi incisivas no derradeiro tercio de campo. Aínda asi tivemos centros de Facal que se pasearon pola área e algún tiro lonxano de Espasandín na primeira parte.

Na única xogada que ten o rival xogando a contra con golpeos en longo, fallamos ao querer anticiparnos e a dianteira bate a Rosí no man man.

Na segunda parte saímos e metémolas no seu campo cun sin fin de ocasións, lideradas por unha gran Mery, Noe dous tiros lonxanos, un roza escadra, outro da no longueiro. Barcia tamén tivo un par de internada con bos centros pero sin chegar a rematar. Elas volverían ter outra ocasión igual para sentenciar o partido a contra, con nós toltalmente volcadas. Seis ou sete corners dos que no derradeiro remata a nosa porteira rozando o pao, pero non era o día.

Felicitar as rivais polo pase a seguinte ronda e se hai que perder, ten que ser así. Toca centrarse no campionato ligueiro…Vamos Xallas!!!”.

Xallas FC : Rosío, Carla, Aintzane, Paula, María Rial, Olalla, Claudia, Sara, Noelia, Espasandín e Andrea. Tamén participaron : Patricia, Valeria, Carmen, Laura e Yaiza.

UC Cee : Noemi, Lucía Rodríguez, Uxía, Lucía Ramos, Nerea, Saray, Nayara, Sharay, Naiara, Laura e Sabela. Tamén participaron : Valeria, Lucía Caamaño, Lucía Martínez, Gala e Minerva.

Árbitro : Roberto Baña. Non amosou ningún cartón.

Gol : 0-1, Nerea, (42´).

 

-Texto . Xosé Búa “Pirata”

-Foto : Eloy García

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies