O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA VOLVE OS PODIUMS EN O ROSAL CON 6 MEDALLAS E UN 3º POSTO POR CLUBES…O CLUBE ARRANCA CON DUAS ESCOLAS DE PIRAGÜISMO EN VIMIANZO E MAZARICOS.

Participantes do CDM Piragüismo Dumbría no Rosal.

 

Seis medallas e un 3º posto por equipos

O CDM Piragüismo Dumbría alcanzou un botín de seis medallas e un terceiro posto por clubes na segunda proba da Copa Galega de Promoción de Slalom na proba que se celebrou este fin de semán en augas do Río Tamuxe no concello de O Rosal.

Ademáis dun excelete terceiro posto por clubes, os costeiros alcazaron tamén seis medallas a nivel individual, a traves do bo facer de Sara Romar e Aroa Piñeiro que foron segunda e terceira respectivamente tanto na modalidade de canoa coma en kayak.Tamén subiu ó podium a debutante Ada Martínez Outes, que foi terceira na categoría pre-benxamín.

A útima das medallas da xornada foi a de Xesus Gundíns, que foi segundo no K1 infantil, despois de ter sido o mellor na primeira manga.

A vindeira proba da Copa Galega de Promoción terá lugar o 11 de xullo en Monforte.

 

Preme no enlace : Slalom-Resultados

 

ESCOLAS DE PIRAGÜISMO.

O CDM Piragüismo Dumbría arranca con dúas escolas de Piragüismo este verán en
Vimianzo e Mazaricos. Coa chegada do verán, o CDM Piragüismo Dumbría extende a súa actividade os concellos
veciños de Vimianzo e Mazaricos, onde organizará escolas de verán de Slalom de Augas Bravas para rapaces na praia fluvial de Pasarela, os martes e xoves, e na praia fluvial da Pontenova, en Mazaricos os mercores e venres.

Para apuntarse é imprescindible saber nadar e ter un mínimo de 8 anos (máis pequenos, consultar). Para máis información, ademáis de no própio lugar dos entrenos, tamén se pode consultar nos concellos de Dumbría Vimianzo ou Mazaricos, ou no telefono : 629.126.623.

-Foto e Texto : CDM Piragüismo Dumbría