O CDM Piragüismo Dumbría, Subcampión de Galicia de Promoción de Slalom.


Sete medallas para os representantes da Costa da Morte

Xesus Pena Cundíns doble campeón galego alevín en kayak e en canoa
Cun éxito de participación e público tiveron lugar os Campionatos Galegos de Promoción de
Slalom. A sede volvía a ser un ano máis o Campo de Slalom de O Couquiño, que para a ocasión e
coa colaboración de Ferroglobe presentaba un caudal ideal para a celebración da proba.
Nun percorrido moi técnico e que aproveitaba moi ben as muitas posibilidades que dá o Río
Xallas, os deportistas tiveron bastántes dificultades para completar correctamente tódolas portas
pero demostraron o bó nivel do slalom nas categorías dos máis pequenos.

competicion por clubes foi o Clube Montaña Quixos de Monforte de Lemos o que se impuxo,
por diante do CDM Piragüismo Dumbría, que lograba un fantástico subcampionato, e por diante
do Club Piragüismo Penedo de Caldelas de Tui.

subcampionato dos costeiros se apoiou no bó desempeño dos seus deportistas, pero sobre
todo na categoría alevín, onde Xesus Pena Cundíns, Minchi, foi un dos grandes triunfadores do
campionato, cos seus dous títulos de Campión Galego de Piragüismo, tanto na modalidade de
kayak coma na de canoa. Na mesma categoría, pero entre as rapazas, Sara Fernandez Romar e
Aroa Lopez Piñeiro foron plata e bronce respectivamente, e tamén nas dúas modalidades. Laura
Caamaño pola sua vez, foi bronce no K1 infantil femenino.

No resto da paticipación do CDM Piragüismo Dumbría estivo cerca dos postos de podium coma
no caso de Sabela Corbelle, Martín Romar, Xián Caamaño, Roque Gonzalez, Brais Sanchez ou o
doble medallista nos Camponatos de España, Martín Fernandez Romar, que non tivo o seu mellor
fin de semán.

Pola súa banda Xoel Soto ou Alvaro Herrero debutaban en competición facendo un papel moi
digno tendo en conta a alta dificultade do percorrido.

A vindeira cita do CDM Piragüismo Dumbría e a última proba da Copa Galega de Slalom, que terá
lugar na vila pontevedresa de Mondariz.

 

 

-Artigo de Quique Portela para www,piratasdemuxia.es

Fotos : CDM Piragüismo Dumnbría

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es