O CDM Piragüismo Dumbría mellora os seus resultados na Copa de España de Xoves Promesas con catro finalistas.

Brais Sanchez, cun cuarto posto no C1 Cadete roza o podium nunha moi boa competición.

O Campionato Galego de Xoves Promesas de Slalom tiña a súa segunda cita da tempada na vila murciana de Calasparra, en augas do río Segura, estrenando o campo de slalom da localidade arroceira. Baixo condicións de muita calor os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría melloraron os seus resultados respecto á primera proba da Copa de España disputada en Sort, e apunto estiveron incluso de pisar podium.

Na categoria infantil femenina, Sara Fernández Romar e Aroa Lopez Piñeiro foron crecendo según gañaban confianza co decorrer das mangas. O domingo na final foron finalmente quinta e septima respectivamente. Na categoría Masculina, Xesus Pena Cundíns foi o único galego da final pero se viu perxudicado por un problema da celula xusto cando se dipuña a tomar a saida, o que o descentrou e lle impediu facer a súa mellor manga.

Pola súa banda, na categoría cadete, os representantes do CDM Piragüismo Dumbría, Brais Sanchez Cancela e Martín Fernandez Romar rozaban os dous a clasificación para a final, aínda sendo ambos cadetes de primeiro ano. As penalizacións por toques nas portas llo impidiron no K1, pero no C1 Brais foi quen de clasificarse para o final, e ahí fixo a súa mellor actuación da tempada, rozando o podium cun fantástico cuarto posto que a ben seguro que lle dará muita moral de cara os Campionatos de España que terán lugar en Sabero, León, a finais do mes de agosto.

A representación do CDM Piragüismo Dumbría a completaba Borja Cives Caamaño, que acudíu a esta competición a seguir aprendendo, e do que estamos moi satisfeitos do seu desempeño.

O CDM Piragüismo non cesa na súa actividade, e xa este vindeiro fin de semán acudirá
novamente á vila lleidana de Sort para disputar os Campionatos de España Absolutos con varios dos seus deportistas.

-Foto : Norbert Aguilera

-Texto : Departamento de prensa CDM Piragüismo Dumbría