Carmen Llaria, competindo no campionato.
O Club Deportivo Municipal de Piragüismo Dumbría púxolle fin este fin de semán a súa
temporada deportiva con 5 medallas no Campionato Galego de Promoción de Slalom que
se disputou este pasado fin de seman en Mondariz. O equipo costeiro fixo a súa mellor
competición do ano despois da que se celebrou en Dumbría a mediados de agosto.
Carmen Llaria campiona galega.
En canto os resultados individuais, hai que destacar a Carmen Llaria, que se proclamou
Campiona Galega de Canoa e foi medalla de bronce no K1 individual. Vega Cives e Elena
Insua foron Plata e Bronce, respectivamente na categoría benxamín K1, e Lucas Alves foi
Bronce no K1 pre-benxamín.
Vega Cives e Elena Insua, no podio.
Finalmente o clube costeiro acadou a cuarta plaza por clubes.
Esta proba ponlle fin a unha tempada histórica para o clube costeiro, na que o Campo de
Slalom de O Couquio se revelou coma o principal centro do Slalom en Galicia, onde se
celebraron 5 competicións oficiais e que por primeira vez Galícia acollía unha proba da
Copa de España de Slalom selectiva para definir que deportistas representarían a España
nos Campionatos de Europa de Slalom junior e sub-23, e na que participou a canoista Miren
Lazkano que 15 días máis tarde sería finalista nos Xogos Olímpicos de París.
-Fotos e texto : Prensa CDM Piragüismo Dumbría