Dous dos participantes da proba do equipo dumbriés.
O río Tea o seu paso por Mondariz Balneario daba arranque á tempada a nivel nacional, cun río
cun caudal moi alto a causa das fortes choivas de todo o fin de semán e cunha particpación a
nivel número de participantes por ríba das expectativas. Os costeiros non recibiron a tempo os test
da Covid, e se decidiu acudir con pouca xente á proba, posto chegar a Mondariz e que algún dos
nosos deportistas dese positivo nos test podería crear un grave transtorno para a entidade e os
seus deportistas e familiares.
Así pois, o CDM Piragüismo Dumbría acudía cuha representación de catro deportistas, Jorge
Quintáns e Marcos Sanchez na categoría Sub23, e Brais Sanchez e Martín Fernandez na xuvenil,
aínda sendo todavía cadetes de primeiro ano.
Tanto Jorge coma Marcos realizaron mangas de moito mérito, demostrando que están en mellor
forma do que eles mesmos creían respecto os demáis participantes, o que os calsificaba decimo
primeiro e decimoquinto respectivamente na categoría senior, e en bos postos dentro da súa
categoría sub23, o que lles poden permitir o pase os selectivos para o equipo nacional.
Pola súa banda, Brais e Martín facían un moi bó traballo tendo en conta que viñan coa intención
de aprender, pero clasificandose entre os 5 mellores cadetes a pesar de ser de primeiro ano.
A vindeira proba tera lugar na vila Lleidana de La Seu d´Urgell xá o vindeiro 6 de Marzo.
-Fotos e Texto : CDM Piragüismo Dumbría