FINAL COPA DA COSTA DE VETERANOS
O Razo celebrando o título nas Pedreiras.
CD Razo 0-0 ACD San Ramón
(Penaltis : 6-5)
Día : Domingo 04 Xuño 2023
Campo : As Pedreiras, (Verdillo-Carballo)
Chegaban a esta final ambos equipos tras derrotar en semifinais ao Buño, o San Ramón cun 3-4, e o Razo o Nantón cun 2-0, pero neste encontro co título en xogo a pólvora estaba mollada e non se moveu o marcador e houbo que esperar os tiros dende os 11 metros para dilucidar o campión, e aí foi mellor o razo tras 12 lanzamentos de penalti, nos que un só fallado na “morte súpita” deu o título os racenses.
Así nos conta como foi a final, Jano, dianteiro do CD Razo que chegaba a esta final con 3 goles no seu haber nesta Copa da Costa de Veteranos, da que Carlos Fernández do San Lorenxo foi o máximo artilleiro con 5 tantos en 2 encontros : “Foi unha final igualada e disputada con un primeiro tempo con máis oportunidades para nós, e na segunda con un tiro o longueiro para o San Ramón, pero en xeral xusto empate no tempo de xogo. Na tanda de penaltis estivemos máis acertados e conseguimos o título merecidamente pola gran copa que fixemos”.
CD Razo : Daniel, José Ramón, Gustavo, Carlos, David, IOván, Docampo, José Manuel, Jano e Diego. Tamén xogaron : Víctor, Manuel, Sergio, Brayan, Jesús Noya, José Manuel, Martín, José, e José Ramón. Adestrador : Luis Barreiro Guillamet. Delegado : Manuel Tedín.
ACD San Ramón : Alfonso, Juan, Abelenda, Fernando, Crístian, Sergio, Juan Carlos, Iván e José Manuel. Tamén xogaron : Pablo, Avelino, Juan Carlos, Jesús, Borja, e David. Adestrador : José Ramón Costa. Auxiliar : Cristina Pedreira.
Goles : 0-0
Penaltis : Marcaron polo Razo : Diego, Jano, Iván, David, Docampo, e José Manuel. Marcaron polo San Ramón : Iván, Juan, José Manuel, Juan Carlos e Fernando. Fallou : Sergio.
Árbitro : Manuel Espasandín Romar, axudado nas bandas por Miguel Blanco e Roberto Baña. Amonestou polo Razo a Carlos, Brayan, Docampo e Jano, e polo San Ramón a Óscar.
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o CD Razo polo título acadado, e igualmente ao San ramón, xa que para perder finais hai que chegar a elas.

-Foto : CD Razo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”