O CD EL EJIDO 2012 PRIMEIRO RIVAL DO DEPOR NA “COPA DO REI”.

CD El Ejido 2012

 

O CD El Ejido 2012 será o primeiro rival do Depor na “Copa do Rei”. Equipo que milita no Grupo 4 Subgrupo B e suma no que vai de tempada 2 vitorias, 1 empete e 1 derrota. Será eliminatoria a encontro único e será o 16 de Nadal en Riazor.

O clube foi fundado no 2012, tras a desaparición do Club Polideportivo Exido, baixo a denominación de Club Deportivo El Ejido, adoptando a actual denominación no ano 2013.

 

O Deportivo Feminino-Rayo Vallecano aprazado xa ten data

Segundo nos informa o RC Deportivo : O Xuíz de Competición da Real Federación Española de Fútbol emitiu unha resolución pola que fixa a nova data para a disputa dos partidos aprazados até o momento tanto en Primera Iberdrola como en Reto Iberdrola e Primeira Nacional de fútbol feminino. Os encontros disputaranse ao longo deste mes de novembro, decembro, xaneiro e febreiro de 2021.

No que afecta ao Real Club Deportivo, o partido Rayo Vallecano – Dépor ABANCA, que debía disputarse o pasado mércores 11 na Cidade Deportiva Fundación Rayo Vallecano, quedou fixado para o mércores 13 de xaneiro de 2021 en horario aínda por determinar.

.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : CD El Ejido 2012


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies