O CD Barco tras empatar co CSD Arzúa, (1-1) na tarde deste Domingo 20 de Xuño acadou a praza que quedaba de permanenza na 3ª División e únese a Ourense CF e Viveiro CF.
Pola sua banda os equipos costeiros despedíronse da categoría, o SD Fisterra cunha derrota ante o CD Ribadumia, (1-2), e o UD Paiosaco tamén caía derrotado no seu choque ante o Ourense CF, (1-0).
RESULTADOS
CD As Pontes 1-1 UD Ourense
SD Fisterra 1-2 CD Ribadumia
UD Paiosaco 0-1 Ourense CF
CSD Arzúa 1-1 CD Barco
Viveiro CF 1-1 CD Pontellas
Agrupación Estudiantil 3-1 UD Atios
-Foto : La Voz de Galicia
-Texto : piratasdemuxia