O CD BAIÑAS DERROTOU AO OUTES CF NO CHOQUE SABATINO DA LIGA DA COSTA GRUPO 1A, (PREVIA DOS CHOQUES DOS DOUS GRUPOS).

LIGA DA COSTA

O Baiñas derrotou ao Outes  no Municipal de Vimianzo.

 

-GRUPO 1 A-

Xogado o venres

SD Castríz 4-0 CD Nantón

Encontro que fora adiado o 23 de Xaneiro e que correspondía a 10ª xornada. Vitoria importantísima para os de San Pedro de Castríz, que desbancan ao SD San Lorenzo do posto de promoción e que será o seu rival o vindeiro 19 de Marzál ás 21:15 horas no 2As Pedreiras” de Berdillo, con moito en xogo para ambos, e máis dependendo do que fagan esta fin de semana na 15ª xornada. Os xalleiros derrotaban ao CD Nantón, tras unha estupenda segunda metade na que se adiantaban aos 68 minutos de xogo cun tanto de Juan, un tanto que rompía o bo facer dos nantoneses, que se vía sorprendidos cun novo gol en contra 2 minutos despois, obra de novo de Juna. O gol facía que os de Nantón tiveran que ir a por todoas, para tratar de rascar algo, pero Braulio, no 78 mataba o encontro. Juan completaba un “Hat-trick” e pechaba a goleada no 87.

15ª Xornada

Sábado 5 Marzal 2022 

CD Baiñas 2-1 Outes FC

Hora : 17:00

Campo : Municipal de Vimianzo

Colexiado : Pablo Rama Cotelo.

Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador, pasouse a unha segunda na que o choque puido caer de calquer banda e foron os da parroquia vimiancesa os que se adiantaban no marcador, cun tanto de Antelo oas 68 minutos de xogo. Despertou nese intre o letargo do encontro, pois só 4 minutos despois, empataba para os da Serra, Adrián, (72´). Cando parecía que xa non se movería o marcador, Lucas Caamaño facía o gol que lle daba os 3 puntos aos vimianceses, no tempo de desconto. Con esta derrota os outeses perden calquer opción remota de colarse no “Play-Off” de ascenso.

 

Domingo 6 Marzal 2022 

Lira CF Camariñas FC

Hora : 17:00

Campo : “Lombáns”, (Carnota)

Colexiado : Marcos Ordçoñez Rodríguez.

 

UC Cee Muxía CF

Hora : 12:00

Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : Carlos Señarís Balsas.

 

CD Muros UD Monte Louro

Hora : 17:00

Campo : “Eleuterio Balayo”, (Muros)

Colexiado :  Andrés Ferro Benito.

 

Descansa :SCDR Esteirana

 

-GRUPO 1 B-

14ª Xornada

Domingo 6 Marzal 2022

SCD Buño SD Castríz

Hora : 12:30

Campo : “Xaviña”, (Buño)

Colexiado : Iván Vilanova Antelo.

 

Cabana SD SCD Malpica

Hora : 16:30

Campo : “As Redondas”, (Neaño-Cabana) 

Colexiado : Luis M. Insua Lago.

 

SD San Lorenzo CD Nantón

Hora : 16:15

Campo : “As Pedreiras”, (Berdillo-Carballo)

Colexiado : Óscar Santos Rodríguez.

 

Sporting Zas UD Cerqueda

Hora : 16:30

Campo : “San Andrés”, (Zas)

Colexiado : Esteban Domínguez Lado.

 

Descansa :SD Coristanco

 

-Foto : FaceBook do CD Baiñas

-Texto : piratasdemuxia