O CD BAIÑAS CARGA DURO CONTRA ACTUACIÓN DE MARTÍNEZ FERREIRO NO UC CEE-CD BAIÑAS

Martínez Ferreiro nun encontro de base no San Paio de Refoxos.

 

O CD Baiñas carga duramnete contra a actuación arbitral de Martínez Ferreiro no encontro da 4ª Xornada da Liga da Costa, (2ª Autonómica G4), xogado no “San Paio de Refoxos” antre o UC Cee e o CD Baiñas na tarde do Domingo e no que os baiñeses gañaban por 0-1 dende o minuto 24 por gol de Baba e que remontaban os ceenses cun gol de José Manuel aos 70 minutos de xogo e o outro do mesmo xogador no 96, cando os baiñeses xogaban con dous menos por expulsión de Santi Cancela que vira un cartón amarelo no minuto 65 e un posterior no 72 que supuxo o cartón vermello  e ca expulsión do seu compañeiro Joser, 4 minutos antes do gol da remontada local.

Recibiron cartóns amarelos por parte do UC Cee : Álex, (26´), Jorge, (88´) e José, (92´). Por parte do CD Baiñas viron amarelo : Diego, (51´); Santi Díaz, (65´) e Eloy, (72´). Santi Díaz vería o segundo amarelo no 72 e o posterior vermello. Tamén veu vermello direto Joser no 92´.

O CD Baiñas sacou no seu FaceBook un comunicado no que di que : “Hoxe a crónica non se reduce a xogadas, senón a cousas que nunca queremos ver nos campos. E nomes coma o de Daniel Martínez Ferreira, que tampouco nunca debería empuñar de novo un silbato se, coma hoxe, convírteo nun arma cargada de odio e sinrazón cara un equipo.

Sentimos na alma estas verbas. Todo o mundo é susceptible de errar, de ter un mal día. Pero hai actuacións inclasificables que sabemos quedarán sen castigo, deuses de opereta barata que ninguén cuestiona aínda que arruinen ilusións e tumben homes cunha soa pitada.

Nada máis que engadir. Avergonzados pola parte que nos toca, e sempre a carón dos nosos, un equipo que hoxe ganou, pero ao que non lle deixaron saír vencedor…Seguimos”.

Duras verbas que poderían traer consigo algunha sanción para o clube baiñés.

Email para aludidos : admin@piratasdemuxia.es

 

RESULTADOS LIGA DA COSTA

-4ª Xornada-

CF Lira 1-3 CD Muros

Zas 3-4 Cabana 

Cerqueda 2-2 Coristanco

Muxía 1-1 Corme

Castríz 1-5 San Lorenzo 

Cee 2-1 Baiñas 

Ponteceso 1-2 Malpica 

Esteirana 0-0 Buño

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es