Na tarde noite de onte venres 13 de febreiro comezaba a rodar o balón nos Oitavos de Final da LXI Copa da Costa e facíao no Municipal da Fontenla onde se enfrontaban no derbi os dous equipos xalleiros, o Xallas FC da Liga da Costa contra o SD Castriz da Primeira Futgal G2. O motivo do adiantamento foi que os de San Pedro teñen competición na fin de semana na que visitan este Domingo ao Bastavales na loita por evitar o descenso.
O trunfo para os castricenses, (2-3)
Nun choque que se volveu moi tenso na segunda metade foron os do Xallas os que se adiantaban por medio de Bryan aos 14 minutos de xogo, resultado de 1-0 co que se chegaba ao descanso. Nada máis comezar a segunda metade Ánxo Veiga conseguía o empate, (47´), e cinco minutos despois Fabio poñía por primeira vez por diante aos de Jose Barca.
Non foi ata o 73 cando Doro empataba a contenda para os de Bruno Prego, pero un ex canteirán do Xallas facía verdade o de “madeira da mesma cuña”, pois Marcos Mouro no 70 acadaba o gol que a postre sería o do pase a Cuartos. O encontro na segunda metade volveuse máis bronco pois 9 dos 10 cartóns que amosou o colexiado Manuel Castro foron no segundo periodo, e con expulsión do utilleiro do Xallas.
Antre hoxe e o martes os Oitavos
Para a tarde de hoxe temos un Volantes-Porteño e o resto de choques xogaranse o vindeiro martes 17 de Febreiro, “Martes de Entruido”.
LXI COPA DA COSTA
-OITAVOS-
17/02/2026
SCD Malpica-SD Fisterra, ás 18:00
UD Monte Louro-CF Corme, ás 19:00
Volantes de Baño FC-CF Porteño, 14/02 ás 17:00
SD Laxe-Sporting Zas, ás 17:00
Xallas FC 2-3 SD Castriz
CF Muxía-Camariñas FC, ás 16:30
Outes FC-Cabana SD, ás 19:45
Unha vez máis hai que dicir que a Copa neste tempo só é unha penuria para os xogadores, pois co que xa teñen que loitar nas suas ligas, coas adversidades do tempo, e privándoos das datas nas que tiñan descanso, e en casos coma este en época de festa, non ten moito xeito.
Na nosa “AXENDA PIRATA” tes tódolos encontros, datas e horarios do Fútbol da Costa Senior masculino e feminino para estes días de Entruido.
.
-Foto arquivo : SD Castriz
-Texto : Xosé Búa “Pirata”