CD Baio 0-1 SD Castriz
Un gol de Iván Pastoriza, (38´). chegoulle ao Castriz para levarse o pase a Cuartos de Final da “LX Copa da Costa” da categoría senior masculino. Debido a que os baieses están inmersos na promoción de ascenso a 1ª Futgal, na que na ida das semifinais empataban na casa do Cacheiras, o encontro de cuartos copeiro pasouse a tarde-noite de onte martes 20 de Maio, tan como xa vos informamos nas previas.
Os rapaces de Félix Raposo máis co interese na loita polo ascenso querían tamén o pase a competición con maior arraigo na costa pero as cousas puxéronse mal cando se adiantaban os rapaces de Miguel Chouza, e empeoraban para os de Baio cando no 75 quedaban cun menos por expulsión con dobre cartón de Norberto, (47´e 75´). O encontro rematou quente e tamén sería expulsado por parte dos do Platas Reinoso, José Souto, no treito final, pero neste caso xa non era dos 11 pois sairá no 65 por Muiño.
Con esta vitoria o Castriz, de maior categoría cos baieses o ser da 1ª Futgal, terá como rival ao Camariñas que a vindeira tempada será compañeiro de liga dos xalleiros.
CD Baio : Rodrigo, Bruno, Norberto, Pazos, Martín, Sergio Antelo, José Souto, Carreira, Rubén, Lucas e Pape. Tamén participaron : Yago, Jhon, Bieito, Muiño, Frnando e Sergio Rodríguez.
SD Castriz : Álvaro, Fabián, Samuel, Adrián, José Rey, Pastoriza, Marcos, Carlos Riero, Brais, Ánxo e Borja. Tamén participaron : Samuel Rodo, Elvis, Alberto, e José Gesto.
Árbitros : Manuel Castro, auspiciado nas bandas por Pablo Rama e Alfonso Caamaño. Expulsou do Baio a Norberto, (47´e 75´), e con vermello direto a José Antonio Souto, (90+).
Goles : Iván Pastoriza, (38´).
-Tódolos emparellamentos de Cuartos no cadro da montaxe fotográfica.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”