O CASTELLÓN XOGANDO SUCIO CO RC DEPORTIVO E EN ESPECIAL CA AFECCIÓN DEPORTIVISTA.

O Deportivo ofreceu 1000 asentos os castellonenses.

 

Os afeccionados do Castellón disfrutaron na Coruña e en Riazor dun día de disfrute e sen privacións, andiveron polo mendio de todos nós sen problemas e tiveron toda unha zona do campo para eles e incluso mezclados coa nosa afección. O clube deportivista ofrceulle os 1.000 asentos da grada que se coñece como “A xaula”, na curva antre Pavillón Superior e Preferenza Superior, cousa que o clube alicantino declinou para non verse obrigado a darlle o mesmo número de entradas.

Para “Castalia” cedeulle ao RC Deportivo 262 entradas, que se repartiron coma sempore o 60% para o clube e o outro 40% para a Federación de peñas. As entradas non chegaron a nada. As que vendeu o clube esgotáronse en 2 horas, (con xente facendo cola dende a madrugada nas portas das taquillas), e as da Federación de Peñas non chegaron para as solicitudes dos peñistas.

En Castellón son sabedores de que o equipo branquiazul arrastra moito por toda España e ata pechou a venda online por se collesen entradas os deportivistas, para outra zona de campo que non fose a que eles obrigaron con esas ínfimas 262 entradas, pasando a vendelas de forma física, pero só a socios castelloneneses, O Deportivo permiteu a compra de entradas sen discriminación e ademáis en Riazor como decíamos, afeccionados do equipo branquinero estiveron antre a afección deportivista. En Castalia non se poderá entrar con camisetas, bufandas ou bandeiras do Depor en gradas que non sexan a que eles estipularon para a afección visitante, e eso que o encontro non foi declarado de alto risco. 

Tamén as entradas teñen que ser co nome e apelido do que a merque, atentando contra a liberdade. É un acto púbrico, polo que é coartar as liberdades, pois nun acto púbrico a entrada págaa un e pode regalarlla a quen queira, eso desta volta non é así.

A esto algúns chámanlle medo a que haxa moitos deportivistas nun campo con 15.000 localidades, a nós parécenos xogo sucio e totalmente anticostitucional, coartando as liberdades con actos privativos.

Nada que dicir da afección castellonesa que se desprazou a Riazor, que se comportou de marabilla, e disfrutou e mesmo alucinou coa afección deportivista, teléfono en man grabando o ambente fora e dentro do estadio.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies