O CARBALLÉS, JOSÉ BARCA, NOVO COORDINADOR DE BASE DA SD SOFÁN.

 

A SD Sofán infórmanos, de que reforza as súas bases cun carballés con gran experiencia neste ámbito, o novo Coordinador de Base elixido polo clube sofanista para desenrolar esta faceta é Jose Barca Recarey. Técnico Superior en Actividades Físicas-Deportivas, e Adestrador de Futbol UEFA Pro (Nivel 3).
O novo coordinador sifanista, que foi cociñeiro, antes ca fraile, (foi porteiro de fútbol), conta con 12 anos de experiencia no futbol base como Adestrador das Escolas Municipais de Futbol Sala e Futbol 8, do Concello de Ponteceso, 2 tempadas como adestrador da Selección da Costa Sub 12, e 2 tempadas como Coordinador de categorías de base no Ponteceso SD. O experimentado técnico ademáis, foi gran parte da culpa de que durante moitos anos, e ata que lle faltaron os apoios e acabou desaparecendo, do SD Ponteceso FSF, que se convertise nun referente na Costa da Morte.
Tamén nos informan dende a SD Sofán, que nos vindeiros días lanzarán as preinscricións para o futbol base. O clube sofanista é un dos referentes do fúbol dos nenos/as, na Costa da Morte.
-Foto : SD Sofán
-Texto : SD Sofán/piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies