O Bergantiños FC infórmanos que a última hora de onte incorporou o xove Miguel Brenes, (Arahal, Sevilla | 17/04/2002), canteirán do Real Betis Balompié.
Brenes, lateral dereito Sub23, que tamén pode xogar de extremo, formouse desde a etapa benxamín no Real Betis Balompié ata a pasada campaña, temporada 21/22, na que foi cedido ao CD San Roque De Lepe equipo de 2 RFEF.
-Texto e Foto : Prensa Bergantiños FC