O deportivismo xa ten o autor do “Himno do Depor”, a banda sonora para o futuro. O RC Deportivo anunciou que o músico coruñés Xoel López será o encargado de crear o novo himno do noso clube, unha peza chamada a converterse nun dos símbolos máis importantes do club nos vindeiros anos.
A iniciativa, impulsada coincidindo coa celebración do 120 aniversario da entidade, pretende dar resposta a unha reivindicación histórica dunha parte da afección e dotar ao Depor e as suas categorías dunha composición que represente a súa identidade no século XXI. Segundo explicou o club, “a obra estará construída desde unha visión actual, aínda que mantendo un profundo respecto pola historia, os valores e os símbolos que acompañaron á institución ao longo de máis dun século”.
O novo himno nace coa intención de ser moito máis ca unha simple canción. Desde o RC Deportivo destacan que busca, “actuar como un elemento de unión para todo o deportivismo, capaz de conectar xeracións e transmitir conceptos como o sentimento de pertenza, o orgullo de cidade, a resiliencia e o forte vínculo emocional que une o Deportivo coa Coruña”.
Para este desafío, a entidade apostou por unha das figuras máis recoñecidas da música galega e estatal. Xoel López, coruñés de nacemento e deportivista confeso, asumirá a responsabilidade de escribir e compoñer unha peza que reflicta a esencia do club e da súa xente. A súa elección responde non só ao seu prestixio artístico, senón tamén á súa estreita relación sentimental coa cidade e coas nosas cores.
O proxecto contará ademais coa participación doutros artistas e músicos ligados á tradición e á cultura popular coruñesa. O obxectivo é reforzar o carácter colectivo dunha composición que pretende emocionar e representar a toda a familia deportivista.
Desde o RC Deportivo quixeron agradecer publicamente a implicación de Xoel López, destacando a súa “xenerosidade” e o seu compromiso cunha iniciativa que aspira a transcender o ámbito musical para converterse nun legado compartido por varias xeracións de afeccionados. O propio Xoel manifestou que para él era, “todo un orgullo facer este proxecto polo seu sentimento deportivista ao que sigo tódalas semanas, para a miña cidade e para a miña familia e o deportivismo”.
A conta atrás para escoitar o novo himno xa está en marcha. Unha obra que pretende ser unha expresión contemporánea da identidade deportivista e que, co paso do tempo, aspira a ocupar un lugar destacado na memoria sentimental do deportivismo.
Ata agora o clube foi trocando en megafonía con diferentes pseudo himnos, xa que nunca ningún foi patentado como realidade, daquel “Y digo Deportivo”, a mesma canción en versión clásica da Filarmónica de Galicia, a versión da Banda de Gaitas da Deputación, e actualmente cancións referentes o espírito Depor., pásase a algo que xa estará institualizado.
Troco do nome do club o galego ou a seguir igual
Tras esto os días 16 e 17 deste mes os socios, votaredes e votaremos por decidir o troco ou non do nome o galego para pasar a ser RC Deportivo da Coruña, xa de maneira vinculante e que se patentará na Asemblea Xeral do mes de xullo, todo dentro dos actos do 120º aniversario.
.
Xoel López fala do proxecto xa comezado :
https://www.youtube.com/shorts/BIhi0sJ33yE
.
-Foto : Morriña en X
-Texto : Xosé Búa “Pirata”