O Cances CF de Veteranos anuncia a II edición do Torneo Internacional Costa da Morte, coincidindo co 10º aniversario de Noelia Garrido.

Coincidindo co décimo aniversario de Daniela Novo, unha rapaciña da zona que padece o Síndrome de Rett, o Cances CF de Veteranos anunciou a celebración da segunda edición do Torneo Internacional de Veteranos Costa da Morte, dirixido a xogadores maiores de 35 anos.

O evento disputarase os días 18 e 19 de xullo de 2026, e o prazo de inscrición xa está aberto para todos aqueles equipos interesados en participar nunha cita que promete repetir o éxito da súa primeira edición.

A pasada edición do torneo foi todo un éxito de participación e ambiente, e podes lembrar como se desenvolveu nesta crónica publicada na nosa web :  O Deportivo campión do benéfico I Torneo de Veteranos Costa da Morte, que tivo un éxito rotundo

A organización está moi comprometida coa causa solidaria “Mi Princesita Rett”, e xa na primeira edición Daniela Novo foi homenaxeada nun emotivo acto que puxo de manifesto o apoio do fútbol veterano á investigación e á visibilización desta enfermidade.


Que é o Síndrome de Rett?

O Síndrome de Rett é unha enfermidade neurolóxica de orixe xenética que afecta case exclusivamente a nenas. Provoca unha perda progresiva das habilidades motoras e de comunicación adquiridas, e adoita manifestarse entre os 6 e os 18 meses de idade.
As persoas que o padecen presentan dificultades para falar, camiñar ou usar as mans, así como crises epilépticas e problemas respiratorios.

Aínda que non ten cura, a investigación e o apoio de asociacións e iniciativas solidarias como esta son fundamentais para mellorar a calidade de vida das nenas e familias afectadas.

-Foto : A orgañización

-Texto : Xosé Búa “Pirata”