Está rematando xuño e xa van uns cuantos eventos os que se realizaron nas magníficas instalacións do Cámping Lago-Mar , (O Lago-Muxía), unha axenda cultural cargada de eventos e actividades, como neles é habitual. Houbo e seguirá habendo concertos, teatro, monólogos, unha andaina polos arredores do cámping, clases de ioga e powerfit, e unha gran Festa de San Xoán que contará coa actuación de Os Roquiños e un convidado sorpresa, ademais de foliada libre e sardiñada.
O Cámping Lago Mar renovou este ano a súa aposta por se converter nun espazo cultural central na Costa da Morte. O cámping sitúase aos pés da Praia do Lago, en Muxía, nunha contorna natural de gran beleza. Conta con aloxamentos con todas as comodidades, ademais de restaurante e zona de bar con terraza, piscina, pista de tenis, e acceso directo á praia, entre outros servizos.
O cámping está xestionado pola coopereativa cultural Horta Creativa, que ofrece un ambente familiar e agradable onde pasar uns días tranquilos no medio na natureza pero, ademais, ofrece unha ampla programación cultural de eventos e actividades, tanto para as persoas aloxadas no camping, como para toda a veciñanza da zona e calqueira que queira disfrutar deles.
T
Toda a información sobre os aloxamentos e servizos do camping pódese consultar na web: www.campinglagomar.es. Tamén se poden facer reservas a través do email info@campinglagomar.es
-O que nos queda en xuño-
Hoxe mesmo o San Xoán
O Lago-Mar celebrará o San Xoán por todo o alto no día de hoxe 23 de xuño e dará a benvida ao verán por todo o alto cunha gran festa. Sardiñada a partires das 19:00 horas, e contará coas actuacións de Os Roquiños, máis dun convidado sorpresa, foliada libre e sardiñada. Quen o desexe pode traer os seus instrumentos para a foliada!…
Concertos
Tralo turno do indie-rock dos ferroláns de Feed The Pet do pasado día 6 e a actuacón dos ourensáns de Tandub o día 13 e a súa fusión da música tradicional Gnawa co reggae, drum&bass ou electrónica, ademáis de os Groovy Shakers do venres 19 e o combo con Muarés, do pasado sábado, o vindeiro venres 26 ás 21:00 horas haberá unha cita imprescindible con Erik LePeich e a súa selección de éxitos, o sábado 27 ás 20:00 poderase disfrutar dunha proposta singular coa fusión da cultura musical galega e a xaponesa de Icía&Haruna&Yoshimi. Para pechar o mes Allo Negro acturá co seu blues e soul o domingo 28 ás 19:30 horas.
Charla en vivo
O sábado 27 o Lago-Mar acollerá a gravación dun novo capítulo do podcast ‘Antonte e Pasadomañán’, da cooperativa Horta Creativa. Nesta ocasión o tema será o submarinismo con José Manuel Carballo e Suso Casais.
-ADIANTO DA PROCRAMACIÓN DE XULLO-
SEMANA DA ARTE
En xullo celebrase no Camping Lago-Mar a Semana da Arte na que reciben a artistas que pasan uns días nas instalacións creando a súa obra en vivo. Os que vos pasedes polo polo cámping poderedes gozar de ver o proceso de creación de artistas de distintas disciplinas, e mesmo de levarvos un bonito recordo. Esto será do 6 ao 12 de xullo.
Se es artista e queres participar aínda podes inscribirte manda un correo a mnogueira@hortacreativa.com
OBRADOIRO
Ben bonitos os obradoiros que teñen os de Horta Creativa para tódolos/as que queirades. Haberá un obradoiro de creación de taburetes con Sara Rivera no que ensinará a técnica tradicional de encordar taburetes con corda de algodón retorcida. As estruturas tamén están feitas por ela con madeira reciclada.
O prezo desta actividade son 75 euros con todos os materiais incluídos. Para participar é necesario facer unha prereserva facendo un bizum de 25€ ao teléfono 625035717 indicando o nome e “Camping LagoMar”.
Obradoiro Mandala do Universo. Da man de Lenita farán este fermoso obradoiro que é máis unha meditación. Con música relaxante trata de debuxar as vosas mans dentro dun círculo no que escribiremos os nosos desexos e ofrendas. Será un espazo para estar en presenza con nós mesmos.
Obradoiro de iniciación ao palillo. O palillo é unha técnica artesá arraigada nesta zona da Costa da Morte. Da man da Asociación de Palilleiras A Nosa Señora da Barca coñeceremos as bases desta arte coas que confeccionar todo tipo de produtos textís. Unha oportunidade xenial para aprender coas que máis saben.
IOGA + FLOW PILATES + TALLER POSTURAL + BRUNCH
Os domingos de xullo poderedes desfrutar dun brunch e mais dunha clase de ioga ou pilates.
As datas son: 5/07 flow pilates e 12/07 taller postural con Miriam Amado; e 19/07 e 26/07 ioga con Miriam Lado.
Esta é unha mostra do que queda para xuño e un adianto do que vai a ser xullo, que terá moitas máis cousas das que vos iremos informando gracias a colaboración antre o Camping Lago-Mar e piratasdemuxia.es
–
-Fotos e información : Horta creativa
-Texto : Horta Creativa/Xosé Búa “Pirata”






