Os veleiros na “Marina Muxía” na tarde do sábado.
Por oitava edición chegou a Muxía “O Camiño a vela”, unha flotiña de 25 barcos, franceses, e españois, que sairon do porto francés de La Rochelle o pasado 6 de Xuño de 2023, e que tras percorrer o Golfo de Vizcaia, parando en 10 portos, chegaban a Vila da Barca, na que encheron de corido o porto deportivo muxián, e de ambente as ruas, así como a visita obligatoria para os peregrinos da Nosa Señora da Barca.
Nas tripulacións había, franceses, españois, arxentinos e mexicanos.
Máis de 180 tripulantes que disfrutaron da gastronomía local dende a tarde do sábado ata o Domingo, que enfilaron cara Muros de onde sairán hoxe cara Boiro e Vilagarcía de Arousa, porto final da navegación a vela. Desde alí os peregrinos realizarán a ruta da Traslatio remontando o Río Ulla e a última etapa do Camiño a pé ata Santiago.
A partida o Domingo 25 de Xuño.
-Fotos e Texto: Xosé Búa “Pirata”/Marina Muxía/Comunicación “Camiño a vela”