O CAMELLE NOVO EQUIPO DA LIGA DA COSTA TRAS DERROTAR O LAXE POR 1-0, NUN “RODEIRO” ABARROTADO.

O Camelle viveu a parte felíz da final.

 

SD Camelle 1-0 SD Laxe

Tarde histórica no “Rodeiro”, polo ascenso a Liga da Costa dos camelláns e pola que posiblemente sexa a mellor entrada na historia do clube, con en torno a 600 afeccionados no campo, con siareiros do equipo camellán, do laxense, que animaron aos seus todo encontro, e con afeccionados de toda a bisbarra.

Dominou o encontro na primeira metade o Laxe e dispuxo dunha gran ocasión aos 7 minutos de xogo, cun tiro que tocou o porteiro Roi ca punta dos dedos e foise o longueiro. Moitas disputas en medio campo e moitos nervos. De novo os de Lilo tiveron unha ocasión que o meta local sacou co xeonllo, e unha máis que parou, pero foi anulada por fora de xogo. Por parte camellana no 44 pedían penalti por mans na área a disparo a porta de Chori.

 

 

Sigueu a igualdade na segunda metade, ata que os camelláns tiveron a primeira clara para eles do encontro, disparo en boca de gol no que Jacobo facía un paradón e o balón ía o longueiro. Crecéronse os de Sergio “Crejo”, que puido estar no banco trala sua grave lesión de rotura de tíbia e peroné, e en poucos minutos acumularon outras duas ocasións e fixeron o gol por medio de Sergio, ao que lle chegaba un balón no pico do área e cruzaba o balón o pau contrario para facer saltar o delirio no “Rodeiro”. Minutos despois Rodri puido poñer o 2-0, pero o seu disparo era interceptado por Jacobo.

Deu un paso o fronte o Laxe tralo gol poñendo os nervos no conxunto local, pero o traballo defensivo foi inmenso, sen un só erro, dende este intre e durante todo o encontro. A presión laxense foi ata o pitido final, con chegadas perigosas sen remate, pero con varios saques de curruncho dos que saeu airoso o conxunto camellán.

Goles : 1-0, Sergio, (74´).

 

 

Árbitro : David Castreje, asisitdo nas bandas por Diego Grille e Alejandro Tato. Boa arbitraxe nun encontro de moita esixencia polo que se xogaba, pero no que non houbo ningunha entrada fora de sitio. Amonestou a Carlos de Dido do equipo camellán.

 

 

SD Camelle : Roi, Huchiño, Quintela, Martinsiño, Estiven, Chori, Carlos de Dido, Mariño, Tereso e Rodri. Suplentes : David Caamaño, Ruso, Santi “Maka”, Carlos Suárez e Sergio. Adestrador : Sergio “Crejo”. Delegado : Gonzalo Lemus.

 

 

SD Laxe : Jacobo, Mikel, José Manuel, Jacinto, Santi casás, Iago Torres, Gora, Miguel Torres, Eloy, Jorge, e Bieito. Suplentes : Felipe, Camafreia e José Ángel. Adestrador : Eliseo Rama “Lilo”. Delegado : Juan José Suárez.

 

Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos deste encontro.

 

-Texto e Fotos : Xosé Búa “Pirata”