O CAMELLE EMPATA NO DERBI CO PORTEÑO E ADÍCALLO A “DIDO”

 

Como xa vos comentamos nas previas, comezaba este pasado Domingo a 3ª da Costa, na que o SD Camelle estivo a piques de non competir de non ser pola insistencia do seu fundador o muxián de Oruxo, José Luis Romaní Barrientos, que tras facerlle a diretiva sainte esperar varias semanas antes de dalo de baixa na Federación, decideu coller él o equipo e darlle para adiante a un proxecto con moitas caras novas e vellos coñecidos.

O debút na liga non podía ser mellor, pois visitaban ao CF Porteño, veciño e polo tanto derbi. O choque comezou cun gol en propia porta de Caamaño, para que Pardiñas fixese antes da hora do xogo o 2-0, (57´). Carlos Tajes “Dido” facía o gol que acurtaba distanzas 7 minutos despois, (64´), un gol con adicatoria e xa en tempo de desconto o muxián debutante Paulo facía o gol do empate.

Un empate que levaba unha adicatoria especial, e non era para outro que “Dido” o pai do xogador Carlos e que comparte alia, que estivo moi mal e que se vai recuperando. Un afeccionado acérrimo camellán, que o mesmo esta para animar na casa e fora, como na banda para recoller balón no Rodeiro, axudar nas churrascadas ou no que sexa.

Unímonos ao desexo do SD Camelle para Dido, gran amigo noso de toda vida.

 

RESULTADOS 1ª XORNADA

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es