O CAMELLE DERROTA O CASTRELO, (2-4) NO ÚNICO ENCONTRO DO FÚTBOL COSTEIRO DESTE SÁBADO.

 

CF Castrelo 2-4 SD Camelle

O Castrelo e o Camelle disputaban na tarde deste sábado o único encontro do fútbol senior costeiro, no comezo da segunda volta da loita polo ascenso a Liga da Costa. Adiantáronse os camelláns por medio do de San Martiño, Marce, aos 8 minutos de xogo, gol que neutralixaba Iván Chans antes do descanso, (42´).

A volta de vestiarios era de novo Marce o “Marcotiño”, o que marcaba para os camelláns, (51´), algo inédito no central muxián. Esteban Lado voltaba a poñer as táboas no marcador no 78, pero 10 minutos despois Marino voltaba a poñer por diante aos veciños de Man por diante. O incombustible, Dido, facía o definitivo 2-4 no tempo de desconto.

CF Castrelo : Costa, Adrián, Esteban Carballo, Iván Chans, Daniel, Félix, Miguel, Sebastián, Esteban Lado e Sergio. Tamén xogaron : Martín, Gustavo, Luis Roget, e Roi.

SD Camelle : David Caamaño, Crístian, Martín, Barreiro, Marce, Dido, Diego, José, Diego, David Vieites, Santi Maka e David Vázquez. Tamén xogaron : Carlos Suárez, e Marino.

O resto da xornada mañán Domingo.

-Foto e Texto : piratasdemuxia