A chuvia converteu io campo nunha piscina.
SCD Malpica 1-2 SD Camelle
Primeiro encontro oficial do fútbol da costa neste 2023, o que se xogaba este sábado no Pedra Queimada. Adiantábanse os camelláns aos 4 minutos de xogo por medio de Diego, gol que non tardaban en neutralizar os malpicáns, por medio de Kevin, (19´). Con este resultado chegábase ao descanso. A cllimatoloxía adversa facía que o campo malpicán estivese anegado de auga, polo que a circulación do balón era moi complicada en gran parte do campo. Diego a volta de vestiarios facía o segundo na sua conta particular, e do seu equipo, (49´), un gol que a postre sería o da vitoria visitante.
Axenda de todo o Fýtbol da Costa : PREME AQUÍ
-Foto : Aluminios Camelle
-Texto : piratasdemuxia
