Acto de entrega do galardón “Camariñán do Ano” na Praza da Insuela
Na previa das Festas do Carme, celebrouse na Praza da Insuela o acto de entrega do recoñecemento “Camariñán do Ano”, que nesta edición foi concedido ao Camariñas FC, en mérito á súa brilante tempada, na que acadaron o campionato da Liga da Costa e o conseguinte ascenso á Primeira Futgal.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, subliñou que “o campionato e o ascenso non representan só unha vitoria deportiva, senón tamén un símbolo da constancia e do esforzo dun grupo humano comprometido, loitador e, por enriba de todo, orgullosamente camariñán”.
No acto de entrega ao que os homenaxeados accederon baixo os arcos da Danza dos arcos de nenos/as, ademáis da parte política encabezada pola alcaldesa Sandra Insua estiveron unha nutrida representación de xogadores, así como os técnicos e como non podía ser doutra maneira o presidente-fundador do Camariñas FC, Don Vicente Carril, presidente en activo máis lonxevo i en activo do fútbol galego.
-Foto : Prensa Concello de Camariñas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
