O CAMARIÑAS DERROTA O CORCUBIÓN, (2-3), NO ENCONTRO SABATINO E MIRA DENDE O ALTO O RESTO DA XORNADA.

 

Corcubión e Camariñas xogaban na tarde deste sábado o encontro adiantado a 12ª xornada da Liga da Costa, un choque trepidante que tivo emoción ate o final e tralo que os camariñáns, líderes da competición, verán con tranquilidade no día de hoxe o resto da xornada.

 

UD Corcubión 2-3 Camariñas FC

Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Partido bonito de ver con un Camariñas que no minuto 5 tería unha boa oportunidade de Mario na que a bocaxarro faría un paradón Bruno. A partires de aí o Corcubión durante a primeira media hora sería moi superior o equipo camariñán, e así no minuto 15 marcaría Nando un bo gol de tiro axustado desde fora da área seria. O Corcubión seguía xogando ben e tería un par de ocasións moi claras de Iago que se irían por moi pouco fora. O Camariñas estaba sorprendido por un bo Corcubión e tería que dalo todo, tal foi así que no minuto 30 nunha falta a balón parado marcaría un bo gol de cabeza Roi e dous minutos despois facía Djibril o 1-2, a asi acababa a primeira parte. Na segunda o Camariñas entrou mellor e nada máis comezar, Walla faria penalti que marcarba Djibril. Os nosos non se rendiron e no minuto 60 Rama facía o gol da tarde, con un golazo por toda escadra que nada podería facer o porteiro camariñán. O partido pasou a ser un “toma e daca”, ata que quedábamos cun home menos por unha expulsión moi rigurosa de Dani. A pesares desto seguimos empuxando e no 75 fallaba Mario un penalti que mandaba o longueiro. O Camariñas lebaba moito perigo nas contras, e no minuto 78 outro penalti a favor nosa que tiraría Iago e facíalle un paradón o porteiro camariñán, e pouco despois quedábamos con outro home menos por expulsión de Fuentes, esta vez xusta, e de aí o final fomos con todo a polo empate e eles a contra puideron marcar algún gol máis. Partido bonito de ver, desexarlle sorte o Camariñas para o que resta de tempada”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Unha vitorria que nos sabe a ouro, nun campo moi complicado e ante un equipo moi aguerrido e que sabe o que fai e que teñen moi controlado o campo. O partido foi unha montaña rusa, e estou moi contento co equipo que soubo competir nun campo tan difícil polas suas dimensións, no que che apretan moito e esíxenche moito. Puidemos poñernos nada máis comezar 0-1 pero pasou o contrario vímonos co 1-0 no marcador . Puxémonos algo nervosos  e foi superior o Corcubión ata que conseguimos empatar por medio de Roi no ecuador do primeiro tempo, e pouco despois remontábamos. Penso que foron os nosos mellores minutos. Os poucos de comezar a segunda metade conseguíamos poñernos 1-3 tras materializar un penalti, pero como non sabemos navegar na tranquilidade, na seguinte xogada tras sacar de centro fannos o 2-3, e a partires de aí o encontro volveuse un “toma e daca”, co Corcubión facéndonos moito dano polas bandas e tiveron dous penaltis que erraron, un deles o longueiro e o outro moi ben parado por Jorge. Nos tivemos ocasións como para matar o encontro pero non estivemos acertadose a pesares de que os corcubioneses quedaron con 2 menos sufrimos para levarnos a vitoria. Moi contento co equipo que soubo sufrir e competir non escenario moi complicado”.

Goles : 1-0, Nando, (5´); 1-1, Roi Carril, (36´); 1-2, Djibril, (38´); 1-3, Djibril, (48´de penalti); 2-3, Samuel, (50´).

Incidencias : O colexiado Alejandro tato, expulsou no 30 con vermello direto o adestrador camariñán Juan Cabrejo, e por dobre amonestación a Dani Domínguez do Corcubión, (26´e 67´), e o seu compañeiro Juan Fuentes, (80´e 86´).

 

LIGA DA COSTA

-12ª Xornada-

-01/12/2024-

SD Coristanco-Xallas FC, ás 17:30 horas

UD Corcubión 2-3 Camariñas FC

CD Baio-Corme CF, ás 16:00 horas

Soneira SD-Cabana SD, ás 17:00 horas

UD Monte Louro-CD Muros, ás 16:30 horas

UC Cee-Outes FC, ás 18:00 horas

CF Porteño-CF Lira, ás 16:15 horas

Ponteceso SD-CF Mazaricos, ás 16:00 horas

 

AXENDA PIRATA de todo o Fútbol da Costa : PREME AQUÍ

 

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies