Vizoño SD 0-1 Camariñas FC
O Camariñas prolonga o seu bo momento e reafírmase como o mellor dos cinco equipos da Costa na Primeira Futgal. O cadro de Juan Cabrejo, que xa advertira a pasada semana da “importancia de darlle continuidade ao trunfo logrado na casa”, cumpriu co obxectivo e levou os tres puntos complicado campo de O Pinar nun duelo que xa tiña que estar decidido moito antes do que foi.
O encontro, adiantado da 11ª xornada, mantívose sen goles ata o derradeiro intre no que os camariñáns puxeron unha marcha máis e atoparon o premio cando o partido esgotaba o tempo regulamentario.
Cando todo apuntaba ao reparto de puntos, apareceu Adam, (que entrara no 67´), para asinar o 0-1 no minuto 90, culminando unha xogada e deixando sen resposta ao equipo local. Un gol que vale ouro e que supón o segundo trunfo dos camariñáns como visitantes, o anterior databa da segunda xornada, ante o Racing San Lorenzo (2-3).
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido con duas partes moi diferenciadas. Na primeira pola chuvia o campo estaba moi encharcado. Eles sairon mellor ca nós e máis ou menos o cuarto de hora mandaban un balón o longueiro. Espabilamos e fomos mellores e ata fixemos dous goles que nos anularon, O primeiro nun corner que marca Javi e pita falta e o segundo un de Djibril que tralo rexeite do porteiro quédalle a él e marca. No primeiro instante da gol e despois anúlao. Hai algún vídeo das accións. O encontro tiña moito balón longo e balón parado polas circunstancias do campo. Na segunda o tempo e o campo mellorou e fomos a polo partido e tivemos moitas chegadas ata que nunha carreira de Mario que asiste a Adam e fsi xutiza. Por fin unha vitoria tras varias goleadas fora”.
Camariñas FC : Jorge, David, Soule, Djibril, Pablo, Víctor, Roi, Javi Antelo, Joseba, e Óliver. Suplentes : Asier, Antonio, Ánxo, Martín, Borja e Mohamed.
Gol : 0-1, Adam, (90´).
Incidencias : No desconto final, o Vizoño o porteiro suplente, viu a cartón vermello direto estando no banco.
Na nosa “AXENDA PIRATA” tes tódolos encontros de tódalas ligas senior masculinas e femininas para hoxe. Despois antre o luns e o mércores tódalas crónicas como acotío.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
